Inicio / Empresas asociadas / ORFEGA

ORFEGA

Contacto:
Orfega
Rúa do Tambre, 199
15890 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlfno: +34 981 575 575
Fax: +34 981 575 513
e-mail: orfegasl@orfega.org

Orfega xurde como taller de ourivaría clásica compostelán no ano 1996.“ Deseños que inspiren, emocionen e perduren no tempo”, ese é o leit motiv que move a todas as persoas que forman Orfega a evolucionar na profesión de ourivaría. 

Os seus deseños evocan motivos da natureza, tradicións e cultura de Galicia, o mar Atlántico, a artesanía... xogos de acibeche e prata que recordan motivos composteláns ou transportan a outras culturas. Aínda que busca o carácter atemporal para as súas xoias.

Orfega busca deseños que non pasan de moda, motivos clásicos reinterpretados, materiais de exquisita calidade. A manufactura realízase nos talleres de Santiago de Compostela, fabricando peza a peza, pedido a pedido, de xeito individual. Lanzou ao mercado máis de 100 coleccións de xoias e complementos e presentouse nas feira Bisutex (Madrid) e Inhorgenta (Múnic).
Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia