Inicio / Empresas asociadas / PATATAS CONDE

PATATAS CONDE

Contacto:
Patatas Conde
Crta. Nacional 525 Km 200- Apto. de correos 32
32630 - Xinzo de Limia (Ourense)
Tlfno.: 988 462 477
Fax: 988 462 402

Patacas Conde naceu a comezos da década dos setenta nun pequeno almacén de Ourense coa misión de repartir e distribuír patacas por toda a cidade. Na década dos oitenta ampliou o seu campo social á venda por xunto de patacas, para o que se trasladou á zona produtora, en Xinzo de Limia (Ourense), e deste xeito iniciou a comercialización do produto en todo o territorio nacional e a exportación.

Na actualidade, Patatas Conde actúa nas tres grandes frontes que demanda o mercado, para o que comercializa:

  • Patacas para a industria.
  • Patacas para o consumo. Neste apartado merece especial atención o envase coa Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia, a etiquetaxe e o control de calidade regulado polo Consello Regulador.
  • Patacas de semente en todas as variedades.

Na empresa impera o afán de crecemento e superación, polo que na actualidade se traballa nun proxecto de expansión de novas tendencias de envasado do produtoe de novos horizontes comerciais, así como na ampliación de instalacións e maquinaria.


Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia