Inicio / Empresas asociadas / QUEIXERÍA CASLEIRAS

QUEIXERÍA CASLEIRAS

Contacto:
Queixería Casleiras
S.L. Cabanas, s/n - Oleiros
27812 - Vilalba (Lugo)
Tlfno: 650 045 380
Fax: 982 527 222 
e-mail: queixeriacasleiras@gmail.com
www.casleiras.com 

Queixería Casleiras naceu no ano 2006, froito da fusión da tradición e da técnica, para unir a sabedoría antiga baixo os parámetros actuais de calidade e control que demanda o consumidor máis esixente.

Queixería Casleiras está integrada na Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa, de acordo co compromiso da empresa de conseguir un produto de alta calidade que respecte o contorno natural do que procede en cada etapa da súa elaboración.

Para iso, conta con amplas instalacións que lle permiten madurar o queixo durante un período que duplica os tempos mínimos que marca o Consello Regulador e sometelo aos máis estritos controis, desde a selección das materias primas ata o final do proceso, sen deixar de lado a xestión e a minimización dos residuos.

Todo este labor foille recoñecido no seu primeiro ano de andaina pola Cata Concurso de los Mejores Quesos de España V Gourmet quesos na edición de 2007, na categoría de queixo curado de vaca. En 2012 e 2014 conseguiu ambos os galardóns de ouro e de bronce no concurso World Cheese Awards.

Casleiras logrou pasar de ser un pequeno proxecto familiar a estar presente en mercados tan diversos como Singapur, Xapón, Corea, Australia, Emiratos Árabes, EUA, Alemaña, México, Canadá ou Rusia.


Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia