Inicio / Empresas asociadas / QUINTA DO BUBLE

QUINTA DO BUBLE

Contacto:
Quinta do Buble
Ladeira A Machada S/N- Casas Dos Montes
32613 Oímbra (Ourense)
Telf: 988 422 960

Quinta Do Buble dedícase desde o ano 2002 á elaboración de viños, para os que utiliza como uvas principais as variedades de godello e mencíaPara iso, segue tanto os métodos tradicionais coma os das técnicas nais avanzadas de vinificación para obter uns caldos con aromas e sabores propios do val de Monterrei.

Amparada pola Denominación de Orixe Monterrei, as instalacións de Quinta do Buble están situadas no Concello de Oímbra (Ourense) e permítenlle elaborar unhas 180.000 botellas anuais. Entre os seus produtos cómpre salientar o seu Quinta do Buble godello, galardoado con numerosas distincións de prestixio internacional.

O estrito control nas vides, a minuciosa selección da uva, o coidado especial nas distintas fases do proceso e, sobre todo, as singulares características do contorno natural, permiten que Quinta do Buble poida ofrecer viños que reflicten de maneira fiel o traballo realizado durante os últimos años.


Certificacions:

Redes sociais

Multimedia