Inicio / Empresas asociadas / REGINA VIARUM

REGINA VIARUM

Contacto:
Regina Viarum
Doade 
27424 Sober (Lugo)
Tlfno/Fax: +34 619 009 777
info@reginaviarum.es
www.reginaviarum.es

Regina Viarum atópase no corazón da Ribeira Sacra, en Amandi, que representa a esencia dunha terra única, que lle proporciona á uva unhas características irrepetibles. A orientación das viñas, o método de cultivo en socalcos, a súa disposición na ladeira do río Sil, a luminosidade do clima e a especial selección das uvas, permiten a elaboración dun viño único, cunhas características que só se poden adquirir nestas terras.

Bodegas Regina Viarum ten o propósito de elaborar viños de calidade sobresaliente. A adega conta nas súas instalacións con todos os equipamentos enolóxicos para a elaboración dos seus viños coa máis alta calidade. Ten unha superficie construída de 4.000 m2, dos cales 2.000 están destinados en exclusiva á produción de viño.

Regina Viarum conta cunha capacidade en depósitos de 300.000 litros, todos eles de aceiro inoxidable e con temperatura controlada automaticamente. Na actualidade, a adega ten un parque de barricas de carballo francés Allier de 10.600 litros.

Certificacions:

Redes sociais

Multimedia