Inicio / Empresas asociadas / RESTAURANTE COMONACASA

RESTAURANTE COMONACASA

Contacto:
Restaurante Comonacasa
Rúa Astureses nº23
32500 - O Carballiño- Ourense
Tfno: +34 988 61 68 03

O Restaurante Comonocasa está situado na vila ourensá do Carballiño. Nace coa necesidade de pór en valor os produtos da zona e as costas galegas de forma tradicional pero incorporando novas elaboracións e sabores, tentando que o cliente atope o equilibrio entre o novo e a tradición.

Na cafetaría conta cunha ampla carta de tapas, cócteles, almorzos, cafés, etc... Un dos puntos primordiais da cafetaría é a zona Infantil onde os nenos se poden divertir mentres os pais gozan dun bo intre. Ademais conta cunha zona de produtos delicatessen onde os clientes poden comprar queixos, viños, e produtos de elaboración propia e de Galicia.

Ademais dos produtos ofertados na cafetaría que tamén poden ser gozados no restaurante, dispón dun servizo á carta composto dunha ampla variedade de primeiros pratos, peixes, carnes e sobremesas e unha gran variedade de viños, cavas e licores. Conta ademais cunha zona para banquetes cunha capacidade de 80 persoas. 
Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia