Inicio / Empresas asociadas / RESTAURANTE MIGA

RESTAURANTE MIGA

Contacto:
Restaurante Miga
Praza España 7 baixo. A Coruña 15001
Tfno: +34 881 924 882
e-mail: miga@migacoruna.com 
www.migacoruna.com   

O restaurante Miga está situado en plena Praza España de A Coruña. Antigas paredes de pedra e unha cociña totalmente á vista saltan á vista neste restaurante. 

Adrián Felípez transmite na súa cociña un receitario de raíces galegas, despensa de proximidade, pequenos produtores e lonxa diaria. Deixarse levar é unha das súas fórmulas máis coñecidas, onde o comensal ha de confiar en Felipez quen seleccionará pratos ata que o cliente decide parar. Fresca, de sabor e con personalidade, esta foi a aposta que desde 2016 defende este cociñeiro de Costa da Morte que decidiu romper coa alta cociña para cociñar nun idioma universal, a cociña de sabor con raíces.

O restaurante conta con espazo para 36 comensais, 7 prazas nunha barra situada sobre a súa cociña fría onde cociñeiros atenderanlle directamente podendo gozar dunha ´función´ de cociña en cada servizo.

Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia