Inicio / Empresas asociadas / O BARAZAL

O BARAZAL

Contacto:
Restaurante O Barazal
Carretera de Ourense-Pontevedra km 21 
32570 Maside (Ourense)
Tfno: +34 988 28 83 17
e-mail: obarazal@obarazal.es

O Barazal é un establecemento que naceu a finais da década dos 70 en Santiago, na Rúa da Raíña. Un local que dende os seus comezos se convertiu nun centro de reunión para a sociedade compostelá apostando polo bo trato, a cociña sinxela pero onde prime a calidade. Unha fórmula básica que continúa ata a actualidade.

E da capital galega chegou o salto para converter un restaurante de estrada nun referente da gastronomía galega. O salto a Ourense chegou pola necesidade de seguir medrando e dar alternativa aos vecinos dunha provincia con mar tan lonxe e tan cerca ao mesmo tempo. O esforzó dos seus propietarios, Milagros e Ricardo, ao pé do cañón nos fogóns, as mesas e as lonxas convertírono na súa esencia.

E agora, na segunda década do século XXI chegan as épocas de expansión, de novos pulos e nova xerencia. Carlos e Diego están agora á fronte dun negocio con locais modernos, capaces de acoller a case un milleiro de persoas ao mesmo tempo sen perder o carisma de sempre. O Barazal conserva as vellas receitas pero adaptado aos tempos e aos gustos dos seus clientes, iso sí, baixo a obriga da calidade. 

Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia