Inicio / Empresas asociadas / RESTAURANTE PAPRICA

RESTAURANTE PAPRICA

Contacto:
Restaurante Paprica
Rúa das Nóreas, 10, 
27001 Lugo
Tfno: +34 982 255 824

Restaurante Paprica atópase dentro da Muralla lucense en pleno casco histórico da cidade. O seu equipo, liderado polo chef Álvaro Villasante, é dinámico e aprende facendo, viaxando e colaborando.

A súa cociña baséase na innovación e no equilibrio entre cociña tradicional e moderna. O produto de calidade é o protagonista no Paprica, con especial atención aos produtos ecolóxicos e de proximidade, cos que elaboran os seus creativos pratos marcados polas estacións do ano e os produtos locais de calidade. 

Desde a súa apertura no 2007 acadaron xa varios recoñecementos, entre os que destacan a  Q de Calidade Turística (primeiro restaurante en obter esta distinción en Lugo) e a mención que renovan anualmente na Guía Michelín. 

O espazo dedicado ao restaurante é unha sala acolledora con decoración minimalista na que aproveitan para poder expoñer de forma frecuente obras de artistas locais.
Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia