Inicio / Empresas asociadas / O SEMÁFORO DE FISTERRA

O SEMÁFORO DE FISTERRA

Contacto:
Hotel O Semáforo de Fisterra
Carretera del Faro, s/n 
15155 - Fisterra
Tfno: 34 981 110 210 +34 607 778 240
e-mail: info@hotelsemaforodefisterra.com
Non existe lugar máis emblemático na Costa da Morte que o cabo Finisterre, considerado o cabo da fin do mundo. Construído en 1853, a 138 metros sobre o nivel do mar.

O Faro de Fisterra é coñecido por todos os navegantes do mundo, pola súa importancia como medio de advertencia da proximidade dunha costa sumamente perigosa (a súa luz chega a alcanzar 65 Km de lonxitude), así como pola fama traizoeira desta zona marítima. Debido á habitual néboa dos temporais, en 1888 construíuse un edificio anexo ao faro, a sirena, á que se coñece popularmente como «a vaca de Fisterra», para avisar aos navegantes dos perigos que lles axexaban.

Desde o ano 1999 a antiga sede de vixilancia da mariña, o Semáforo, converteuse nun  delicatessen hotel e restaurante con encanto, o Hotel O Semáforo, no Faro de Finisterre. 

O Semáforo destaca polas súas incribles vistas e postas de sol, que compiten cos días de bravas tormentas e grandes ondadas, días con néboa nos que soa con forza a sirena do faro, “a vaca”, que nos arrastra a tempos pasados de grandes lendas.

Os visitantes tamén poderán gozar de O Refuxio, un espazo que da acollida ao peregrino, un lugar emblemático con vistas á famosa “escultura” do  Centolo. Un espazo gastronómico único, un concepto taberna mariñeira actualizado, moderno con propostas de  picoteo e  take  away para gozar onde o visitante queira observando o infinito. É tamén un local ideal onde refuxiarse nos espectaculares días de tormenta e vendaval.

Conta con cinco exclusivas habitacións, un exquisito restaurante, unha cafetería, terrazas con vistas infinitas e varias estancias e recunchos exclusivos para que o visitante poida perderse na Fin do Mundo.

Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia