Inicio / Empresas asociadas / SEÑORIO DE RUBIÓS

SEÑORIO DE RUBIÓS

Contacto:
Señorío de Rubios
Bouza do Rato, s/n, Rubiós
36449 - As Neves (Pontevedra)
Tlf: +34 986 667 212 
Fax: +34 986 648 279
e-mail: info@srubios.com

Señorío de Rubiós é unha adega da subzona do Condado do Tea, da Denominación de Orixe Rías Baixas, que aposta desde a súa creación polos viños brancos e tintos da zona. A súa filosofía baséase en recuperar e manter a esencia dos viños de sempre, os que elaboraron os viticultores ao longo dos anos e que mellor expresan as características destas viñas.

Os viños elaborados por Señorío de Rubiós, tanto brancos como tintos, fanse con uvas autóctonas, as que mellor se adaptaron e expresan as particularidades destes terreos. Este terroir fai que sexan viños suaves e que transmiten as características destas terras, destes viñedos e o coidado e o mimo co que son tratados polos viticultores. 

As viñas están situadas en zonas do Condado, que van desde ladeira do monte San Nomedio ata as beiras do río Miño. Son terras fértiles e moi minerais, ben orientadas, con moitas horas de sol. As parcelas moi pequenas, onde gran parte do traballo faise de forma manual e onde os viticultores coidan con agarimo estas cepas

Variedades

Desde a súa constitución no ano 2003, a adega traballou para recuperar e potenciar os viños tradicionais da localidade, como o condado branco (coas variedades treixadura, albariño, loureiro, godello e torrontés), o sousón ou o pedral, que se elabora só nesta adega. Unha aposta que lle permitiu gañar numerosos premios en diferentes concurso nacionais e internacionais 


Certificacions:

Redes sociais

Multimedia