Inicio / Empresas asociadas / TEJAS VEREA

TEJAS VEREA

Contacto:
Lanzá, s/n. 
15685 - Mesía - A Coruña 
Tlfn: +34 981687053

Tejas Verea é unha empresa con 50 anos de experiencia na fabricación de tellas cerámicas que, ao longo destes anos realizou unha aposta pola innovación, a calidade e a sustentabilidade, que lle permite ser o único fabricante español que ofrece 50 anos de garantía para todos os seus produtos cerámicos. 
 
Desde que foi fundada no 1967, Verea realizou unha permanente aposta por mellorar a calidade dos seus produtos, aplicando as máis avanzadas innovacións e sempre de forma respectuosa co medioambiente, reducindo o consumo enerxético e reutilizando e reciclando os produtos. 

Este esforzo permitiu a Verea contar cunhas modernas instalacións, coa planta completamente robotizada, con capacidade para fabricar 50 millóns de tellas anualmente.  Desde a fábrica de Mesía (A Coruña), a compañía exporta os seus produtos a 25 países de catro continentes diferentes. 

Verea System 
Verea é o primeiro fabricante de tella cerámica que conta cun sistema de instalación homologado en España que permite incrementar tanto a durabilidade das tellas como as prestacións do tellado, achegando maior eficiencia enerxética e redución de humidades ou condensacións nos edificios. 

Verea en mundo 
A ambición de Verea por medrar permitiulle superar os límites xeográficos máis inmediatos e abordar novos retos para conquistar mercados españois e internacionais. Actualmente, o 50% da produción comercialízase no estranxeiro. 

No ano 2006 iniciou a exploración do mercado de Estados Unidos e América Central, onde hai tradición pola instalación de tella cerámica, ademais de valorar as tellas españolas como un produto de gran calidade. 

Desde entón, Verea exporta as súas tellas a máis de 25 países de catro continentes. Entre outros, as tellas instálanse en: 

- Europa: España, Portugal, Gran Bretaña, Bulgaria, Rusia
- América: EE.UU., República Dominicana, Honduras, Panamá, México, Guatemala, Costa Rica, O Salvador, Porto Rico, Chile, Xamaica, Illas Cayman, Trinidad e Tobago
- Asia: China, Corea
- África: Mauritania, Exipto, Angola, Guinea Ecuatorial
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia