Inicio / Empresas asociadas / TORRE DE NÚÑEZ

TORRE DE NÚÑEZ

Contacto:
Torre de Núñez
Ctra. de A Coruña, Km. 497- Conturiz
27160 - Lugo
Tlfno.: 982 305 920
Fax.: 982 305 912

Torre de Núñez é unha empresa que leva máis de 40 anos dedicada á elaboración de produtos cárnicos. Nos anos sesenta, o seu fundador, Manuel José Núñez Aldegunde, iniciou unha distribución a nivel nacional.

A boa acollida dos produtos obrigouno a desenvolver unha política de expansión que comeza na década dos anos oitenta cunha fábrica nas aforas de Lugo e que se consolida no ano 2000 coa creación dunha nova planta de 10.000 m2, dotada da última tecnoloxía para a elaboración de produtos cárnicos.

Nun sector no que o crecemento adoita supor unha perda de calidade e de autenticidade, Torre de Núñez atopou o equilibrio perfecto entre a tecnoloxía e a elaboración artesanal. A empresa aposta pola calidade dos seus produtos e procesos como único camiño cara ao éxito, por iso desenvolveu e implantou a normativa de calidade UNE-EN ISO 9001:2000 e foi certificada por Aenor no transcurso do ano 2005.

Sostibilidade

Torre de Núñez obtivo a Certificación ISO 14001 de Gestión Ambiental, un recoñecemento ao seu compromiso cun mundo máis sostible. Minimiza os impactos ambientais derivados da súa actividade e promove patróns sostibles de produción e consumo. O uso de enerxías renovables nas súas instalacións e o impulso de medidas de redución de plásticos son outras iniciativas nas que traballa a empresa.

Certificacions:

Redes sociais

Multimedia