Inicio / Empresas asociadas / UNIÓN JOYERA DE BERGONDO

UNIÓN JOYERA DE BERGONDO

Contacto:
Unión Joyera de Bergondo
Cruz de Sar, 2
15165 - Bergondo (A Coruña)
Tlfno:+34981791379
Fax:+34981794469

En 1965, a creación de Unión Joyera de Bergondo inauguraba a actividade industrial no sector da xoiaría nesta localidade próxima á Coruña, coñecida historicamente pola súa tradición comercial no mundo das xoias.

O desenvolvemento artesanal de gran parte dos artigos é o que caracterizou a traxectoria e o facer da firma, que utiliza o proceso industrial para gamas pequenas de artigos. Así, a fabricación artesanal xunto co deseño propio son dous dos principais valores engadidos de Unión Joyera de Bergondo. Os seus produtos foron merecedores de galardóns internacionais, como o prestixioso premioVulcano de Iberjoya ou o trofeo De Beers.

A fabricación destas pezas realízase con ouro e pedras preciosas: diamantes, rubís, esmeraldas e zafiros. O desenvolvemento dunha produción propia permitiulle dar a coñecer e exportar o selo da xoiaría galega ao resto do mundo a través dos escaparates máis luxosos.

Ao longo dos anos e sen perder nunca o carácter artesanal, fóronse incorporando ao proceso produtivo moitas melloras e innovacións técnicas que facilitan o traballo e reducen os custos, como a microfusión, a soldadura láser, o deseño 3D, etc. Unión Joyera de Bergondo logrou configurarse tamén como escola de moitos dos ourives que hoxe marcan a pauta no mundo da xoiaría cos seus propios negocios repartidos por puntos da xeografía europea e latinoamericana.

Certificacions:

Redes sociais

Multimedia