Inicio / NOVAS / Notas de prensa / A Xunta reivindica en Madrid os valores da marca Galicia Calidade buscando abrir novos mercados ao tecido empresarial galego
28/11/2022.

A Xunta reivindica en Madrid os valores da marca Galicia Calidade buscando abrir novos mercados ao tecido empresarial galego

Galicia Calidade certifica máis de 750 produtos de preto de 150 compañías de diferentes sectores como a alimentación, o sector turístico, a xoiería, a planta ornamental ou a xeotermia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, reivindicou esta mañá en Madrid os valores da marca Galicia Calidade para abrir novos mercados ao tecido empresarial galego. 

Conde participou no encontro Con selo Galicia, celebrado na Casa de Galicia e que contou coa participación dalgunhas das empresas máis representativas que levan este selo, pertencentes a sectores como a alimentación, o sector turístico, a xoiería, a planta ornamental ou a xeotermia. En total, Galicia Calidade certifica máis de 750 produtos de preto de 150 compañías. 

Segundo o vicepresidente económico, este encontro serve “para trasladar desde Madrid a importancia que ten Galicia Calidade e os produtos das marcas que utilizan este selo de garantía, que é unha forma de reivindicar como desde Galicia estamos traballando en todos os sectores” e o “saber facer” da Comunidade en eidos como o agroalimentario, o industrial ou sector servizos. 

O programa do encontro, no que participan diferentes prescritores, inclúe unha exposición de xoiería; dúas charlas-coloquio, unha sobre turismo sustentable en Galicia e outra sobre industria con selo Galicia Calidade; ademais de diferentes degustacións e showcookings e un túnel de viños coa asistencia de 17 adegas que forman parte do selo Galicia Calidade.

Redes sociais

Multimedia