Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Costiña recibe o selo de garantía de Galicia Calidade que certifica o seu compromiso coa innovación e a excelencia
11/05/2022.

Costiña recibe o selo de garantía de Galicia Calidade que certifica o seu compromiso coa innovación e a excelencia

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, destaca o esforzo do restaurante de Santa Comba pola mellora continua e a aposta polos produtos de proximidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, entregou hoxe, xunto coa xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, o diploma de certificación do selo Galicia Calidade ao restaurante de Santa Comba, Costiña, que pon en valor o esforzo pola elaboración dunha experiencia gastronómica única, acreditada desde o ano 2008 cunha estrela Michelín.

No acto de entrega do certificado, Manuel Heredia salientou a aposta da Costiña pola “combinación eficaz de tradición e innovación" nunha cociña de mercado a partir de materias primas de proximidade.

Coa incorporación do restaurante A Costiña, Galicia Calidade certifica xa 35 establecementos de hostalería, aos que hai que engadir outras 120 empresas certificadas que contan co selo de garantía, con máis de 600 produtos e servizos certificados, que engloban os sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e planta ornamental.

A Costiña comezou no ano 1939 e actualmente son a terceira xeración dos García, os irmáns Manuel e Leonor, ambos formados profesionalmente na Escola de Hostalería de Lamas de Abade (Santiago de Compostela), os encargados de liderar este proxecto. O establecemento conta co recoñecemento dunha estrela Michelín e dous solesRepsol.

Galicia Calidade certifica os produtos e servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima e o seu proceso de produción, cumpran os requisitos establecidos polo selo de garantía.

Redes sociais

Multimedia