Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Francisco Conde entregou en Vilaboa o selo de Galicia Calidade a Cabo de Peñas
28/07/2022.

Francisco Conde entregou en Vilaboa o selo de Galicia Calidade a Cabo de Peñas

Conde destaca que Cabo de Peñas reúne a tradición e a innovación propias da industria conserveira galega

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, entregou hoxe o selo de Galicia Calidade a Cabo de Peñas, sinalando que nesta marca senlleira con máis de 120 anos de traxectoria se atopa a herdanza e a tradición da industria conserveira galega mesturada cos avances tecnolóxicos máis innovadores do sector.

Na visita ás instalacións da empresa en Vilaboa, Conde subliñou o compromiso de Cabo de Peñas co tecido industrial da comarca e o emprego, coa sustentabilidade e coa trazabilidade dos produtos do mar, apostando pola calidade da materia prima.

Así, apuntou, Cabo de Peñas engrandece a marca Galicia Calidade, o mesmo que ocorre coas 148 empresas e máis de 750 produtos que contan actualmente con esta certificación autonómica. No sector das conservas, son cinco as compañías avaladas por Galicia Calidade: Jealsa, Escurís Batalla, Cortizo e a propia Cabo de Peñas, ademais da Rosaleira, centrada nas conservas vexetais.

O responsable de Economía, Industria e Innovación puxo en valor o peso do sector conserveiro galego, que xera 15.000 postos de traballo directos; facturou o ano pasado máis de 16.000 millóns de euros e incrementou en 2021 o valor das súas exportacións, ata acadar os 1.132 millóns de euros, con vendas a máis de 120 países, onde exporta o 60% da súa produción.

Redes sociais

Multimedia