No acto destacouse o crecemento continuo da compañía, asentado na súa tradición e innovación
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, e pola xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, visitou esta mañá en Ribadavia a adega Viña Costeira para facerlle entrega do certificado de Galicia Calidade.
No acto destacouse o crecemento continuo de Viña Costeira, asentado na súa tradición e innovación, que lle ten permitido converterse nunha marca de referencia. O selo, con validez para os próximos tres anos, permitirá á empresa incluír o distintivo de Galicia Calidade nas etiquetaxes dos produtos certificados, así como nas diferentes accións para a súa promoción.
Galicia Calidade, S.A.U. Complexo administrativo de San Lázaro, s/n. Edificio IGAPE 3o 15703 Santiago de Compostela
Telf.: +34 881 995 230 Fax: + 34 881 995 238 info@galiciacalidade.gal