Inicio / NOVAS / Notas de prensa / 110 restaurantes Galicia Calidade compiten en GastrOVOmía, a ruta gastronómica do ovo e do polo
11/07/2016.

110 restaurantes Galicia Calidade compiten en GastrOVOmía, a ruta gastronómica do ovo e do polo

Restaurantes e empresas avícolas certificadas por Galicia Calidade, participan en 'GastrOVOmía: A ruta do ovo e do polo', un desafío gastronómico con estes produtos

Durante a semana do 11 ao 17 de xullo, hoteis, restaurantes e empresas avícolas, certificadas co selo de garantía Galicia Calidade, participan en GastrOVOmía: A ruta do ovo e do polo, unha acción de promoción dos produtos galegos da que poderán gozar todos os que se acheguen aos establecementos adheridos.

A inicitiva, que conta co patrocinio e a colaboración de Galicia Calidade, ofrece gozar da mestría das propostas culinarias que achegarán os 10 establecementos de restauración e hostalería participantes e que representa un desafío de creatividade culinaria con dous produtos tan significativos na gastronomía popular como o ovo e o polo.

Nesta iniciativa participan os restaurantes Cantina Río Covés (Pontedeume), Hotel Augusta Spa Resort (Sanxenxo), A Carballeira(Santa Cruz de Arrabaldo), A Estación (Cambre), A Taberna (Ourense),Carmen (Sanxenxo), La Postrería (A Coruña), Marisquería Coral (A Coruña), O Eirado da Leña (Pontevedra) y Talaso Hotel Louxo La Toja(Isla de La Toja). Ademais, conta con de o apoio das seis empresas avícolas certificadas por Galicia Calidade: AvigalAvícola Tratante,CorenGranja CampomayorPazo de Vilane y Grupo Sada.

O reto culinario consiste en que as receitas das tapas ou pratos teñan como protagonista o ovo ou o polo, sexan orixinais e estean realizadas con produtos de calidade. Neste sentido, Alfonso Cabaleiro, xerente de Galicia Calidade, fai fincapé en "a aposta conxunta dos hoteis e restaurantes xunto coas empresas avícolas galegas para ofrecer produtos atractivos, orixinais e de calidade que dean valor engadido á oferta de restauración e hostalería de Galicia", ademais de sinalar a importancia deste tipo de accións como vehículos de promoción das empresas galegas.

Galicia Calidade 

O selo de calidade de produtos galegos conta con máis de 300 produtos e 81 empresas certificadas, e pretende, segundo afirma Cabaleiro, "ofrecer ás empresas unha certificación de garantía de fronte ao consumidor e continuar sendo a gran marca de promoción colectiva para todo o produto galego". 

O selo Galicia Calidade naceu para distinguir aqueles produtos e servizos que pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima ou deseño galegos, merezan esta distinción, unha vez contrastada a súa calidade mediante as auditorías de control. Como marca de calidade certificada, é un compromiso cos clientes e/ou usuarios que garante que estes produtos e servizos contan cos requisitos prometidos e poden consumirse con total confianza.

Galicia Calidade representa tamén a aposta da Administración galega pola innovación, a sustentabilidade e a competitividade nos mercados internacionais máis esixentes, xa que contribúe a xerar valores intangibles para as empresas e produtos certificados con este selo.

Redes sociais

Multimedia