Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Arranca a 2º edición da aceleradora Business Factory Food
21/10/2019.

Arranca a 2º edición da aceleradora Business Factory Food

Esta semana púxose en marcha a segunda edición de BFFood, a aceleradora do sector alimentario en Galicia. A iniciativa promovida pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Cluster Alimentario de Galicia e empresas de referencia da industria alimentaria pretende atraer e promover proxectos innovadores e emprendedores no sector.

A aceleradora conta co apoio de prestixiosas empresas tractoras que, como na edición anterior, prestarán os seus coñecementos e recursos aos proxectos participantes. Algunhas das empresas participantes teñen a garantía de Galicia Calidade: Torre de Núñez, Kiwi Atlántico, Larsa ou CLUN.

A convocatoria para rexistrarse neste programa comezou o 18 de outubro e permanecerá aberta ata o 30 de novembro. A actual edición busca 10 novos proxectos innovadores en fase de aceleración que respondan aos retos reais presentados polas empresas tractoras. O programa de aceleración comezará o 1 de febreiro do ano que vén.

Redes sociais

Multimedia