Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Augas de Mondariz consegue o segundo 'Diamond Taste Award', que lle certifica como a mellor auga sen gas do mundo
28/04/2016.

Augas de Mondariz consegue o segundo 'Diamond Taste Award', que lle certifica como a mellor auga sen gas do mundo

Augas de Mondariz consegue o segundo  Diamond Taste Award , que lle certifica como a mellor auga mineral sen gas do mundo, título outorgado polo International Taste & Quality Institute

A auga sen gas de Augas de Mondariz, que conta co selo de Galicia Calidade, conseguiu o segundo Diamond Taste Award, que lle certifica como a mellor auga mineral sen gas do mundo, título outorgado polo International Taste & Quality Institute (Instituto Internacional de Sabor e Calidade) de Bruxelas.

Augas de Mondariz subliña que este galardón "ratifica a excelencia e a inmellorable calidade e propiedades da auga de Mondariz". Sobre todo, porque tanto a auga mineral sen gas como a auga con gas obtiveron 3 estrelas, a máxima cualificación dunha cata a cegas, realizada por 200 expertos en restauración.

A cata celebrouse no Alimentaria 2016 e estivo foi presidida polo Cónsul de Bélxica, Didier Verwaerde. O certame contou coa asistencia dalgúns dos prestixiosos sumillers que forman parte do xurado: Rosa Vila, Meritxell Falgueras e Elisabeth Vidal, así como do chef Koldo Royo. Todos eles colaboran no proceso de avaliación dos produtos presentados, que se realiza nunha cata a cegas, sen envoltorios nin envases, polo que o xurado en ningún momento pode identificar a marca á que pertence a auga que está a catar, para blindar a obxectividade e imparcialidade da proba. 

As catas de auga son consideradas como unha das probas máis complicadas, esixen máxima concentración para atopar todos os matices e realízanse de forma individual. Por estes motivos organízanse á primeira hora da mañá.

Dous anos consecutivos

A auga mineral natural sen gas de Mondariz logrou o ano pasado o Diamond Taste Award, o máximo recoñecemento que outorga o ITQi, tras conseguir durante 7 anos consecutivos a máxima puntuación do Superior Taste Award. Con este segundo Diamond, Mondariz revalida o título de Mellor auga do mundo e ademais convértese na única marca do mundo que conseguiu dous títulos desta categoría.

O Instituto Internacional de Sabor e Calidade (iTQi) de Bruxelas é unha organización independente formada por destacados chefs e catadores de distintos países que foi creada para analizar, xulgar e promover os mellores alimentos e bebidas de todo o mundo. Con este obxectivo creáronse os Premios ao Sabor Superior (Superior Taste Award), que teñen como finalidade distinguir os mellores sabores e os produtos máis excelentes. 

Redes sociais

Multimedia