Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Augas de Mondariz revalida a máxima puntuación do iTQi con dous "Diamond Taste Award", que lle certifican como a mellor auga do mundo
14/06/2017.

Augas de Mondariz revalida a máxima puntuación do iTQi con dous "Diamond Taste Award", que lle certifican como a mellor auga do mundo

Consegue dous Superior Taste Awards, a máxima puntuación, para as súas dúas augas minerais, con gas e sen gas, con que outorga o International Taste & Quality Institute e que recoñece a excelencia, a calidade e propiedades da auga

Augas de Mondariz, que conta co selo de Galicia Calidade, volveu a lograr, un ano máis, a máxima puntuación para as súas dúas augas minerais, con gas e sen gas, con dous Superior Taste Awards que outorga o Instituto Internacional de Sabor e Calidade (International Taste & Quality Institute, iTQi) de Bruxelas, e que recoñece a excelencia, a inmellorable calidade e propiedades da auga de Mondariz. 

Desta maneira, a marca galega segue manténdose co título de mellor auga mineral do mundo con dous Diamonds Taste Awards no seu haber (anos 2015 e 2016) xa que, polo momento, ningunha outra marca de auga conseguiu este recoñecemento que o iTQi concede soamente aos produtos que alcanzasen 3 estrelas do Superior Taste Award (unha puntuación superior ao 90%) 7 veces nos últimos 10 anos. 

Os produtos que se presentan son avaliados nunha estrita cata a cegas por un xurado diferente cada ano, seleccionado a máis de 200 chefs e sumillers das principais asociacións culinarias de Europa. Os produtos que concursan non levan nin envoltorios nin envases para que o xurado non saiba que auga está a catar e así se blinde a obxectividade e imparcialidade da proba. As catas de auga son consideradas como unha das probas máis complicadas, esixen máxima concentración para atopar todos os matices e realízanse de forma individual, por estes motivos organízanse á primeira hora da mañá. 

iTQi

O Instituto Internacional de Sabor e Calidade (iTQi) de Bruxelas é unha organización independente formada por destacados chefs e catadores de distintos países que foi creada para analizar, xulgar e promover os mellores alimentos e bebidas de todo o mundo. Con este obxectivo creáronse os Premios ao Sabor Superior (Superior Taste Award), que teñen como finalidade distinguir os mellores sabores e os produtos máis excelentes. 

Redes sociais

Multimedia