Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Avícola Rías Baixas recibe o certificado de Galicia Calidade para os seus produtos sumándose ás máis de 150 empresas adheridas
04/05/2023.

Avícola Rías Baixas recibe o certificado de Galicia Calidade para os seus produtos sumándose ás máis de 150 empresas adheridas

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, e a xerente de Galicia Calidade, organismo dependente da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, Ana Méndez, fixeron entrega da nova sinalización, coa que se identifica ás empresas adheridas, aos responsables de Avícola Rías Baixas.

Avícola Rías Baixas é unha empresa dedicada á produción de ovos. Boneco é a súa marca de ovo ecolóxico, tamén coñecido como código 0. Este distintivo fai referencia aos requisitos que cumpre o produto, que as galiñas viven fóra de gaiolas, sen estrés ambiental e cunha óptima alimentación de materias primas naturais.

Esta empresa foi aumentando o seu posicionamento como marca de calidade no mercado ao adoptar un compromiso coa calidade dos seus produtos que lles obriga a adecuar as instalacións para criar ás galiñas nun ambiente propicio: maior liberdade, espazo e libres de gaiolas.

Gonzalo Trenor aproveitou esta xuntanza para destacar a aposta pola innovación e a excelencia en todo o proceso produtivo desta compañía, que conta co desenvolvemento dun novo produto, o ovo Novo2, que cumpre tres requisitos básicos: sustentabilidade, innovación e confianza. Neste senso, Ana Méndez explicou que a nova sinalética de Galicia Calidade integra os valores da sustentabilidade e o compromiso respectuoso co entorno, a mesma filosofía de traballo que desenvolve Avícola Rías Baixas.

Redes sociais

Multimedia