Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Bases para participar nos sorteos da campaña Galicia Calidade en Vegalsa-Eroski
02/06/2017.

Bases para participar nos sorteos da campaña Galicia Calidade en Vegalsa-Eroski

Durante a primeira quincena de xuño, todos os clientes de Vegalsa-Eroski que adquiran produtos Galicia Calidade, poderán participar no sorteo diario dunha noite de hotel

Durante a quincena do 1 ao 15 de xuño, todos os clientes de Vegalsa-Eroski que adquiran produtos certificados por Galicia Calidade poderán participar nun sorteo dunha noite nun establecemento hostaleiro acreditado co selo de garantía, con almorzo incluído, que se celebrará cada día.

A campaña está dirixida aos clientes das insignias do grupo Vegalsa Eroski, como son Eroski/Center, Híper Eroski, Autoservizos Familia, Eroski City e Cash Record. 

Ao acceder ao establecemento, aos clientes entrégaselles un folleto con información dos produtos e empresas certificadas e a programación de eventos que se celebrarán durante eses días, en diferentes establecementos. 

Bases para participar 
  • Os clientes, ao saír dos establecementos, se adquiriron polo menos un produto co selo de Galicia Calidade que se atopan nos lineais, deberán cubrir o folleto que se lles entregou á entrada e introducilo na urna.
  • Ao final da xornada sortéase, entre todos os participantes, unha noite para dúas persoas  nun establecemento  hostaleiro en réxime de aloxamento e almorzo.
  • O gañador pode elixir o establecemento que desexe entre os que se atopa certificados por Galicia Calidade, que pode consultar na web galiciacalidadelecer.gal.
  • Os datos recolleitos durante o concurso poderanse usar para poder enviar información de interese sobre novos eventos de Galicia Calidade ou de Vegalsa-Eroski

Ademais, dentro da campaña de promoción dos produtos Galicia Calidade nos establecementos de Vegalsa-Eroski, está previsto celebrar os seguintes eventos:

  • 2 de xuño: Xantar Galicia Calidade co barista Óscar de Toro no Eroski Center de García Barbón (Vigo)
  • 3 de xuño: Sorteos e agasallos no Eroski Center de Pérez Cepeda (A Coruña)
  • 5 de xuño: Sorteos e agasallos no Hipermercado Eroski de Ribadeo
  • 6 de xuño: Sorteos e agasallos no Eroski Center de Mos e no Hipermercado Eroski de Ponteareas
  • 7 de xuño: Sorteos e agasallos no Hipermercado Eroski de Noia
  • 8 de xuño: Sorteos e agasallos no Eroski Center de Seixalbo (Ourense)
  • 9 de xuño: Sorteo e agasallos no Eroski Center Ribeira 
  • 10 de xuño: Showcooking con produtos certificados por Galicia Calidade da man de Benigno Campos, condutor do programa Larpeiros, na caseta de Vegalsa-Eroski no Salón Salimat-Feira de Silleda
  • 11 de xuño: Showcooking con produtos certificados por Galicia Calidade na caseta de Vegalsa-Eroski no Salón Salimat-Feira de Silleda
  • 12 de xuño: Sorteos e agasallos no Cash Record do Polígono do Tambre (Santiago de Compostela)
  • 13 de xuño: Sorteos e agasallos no Cash Record de Cálea Ventura González (Vigo) e no Eroski Center de Vilalonga
  • 14 de xuño: Sorteos e agasallos no Eroski Center de Xinzo de Limia (Ourense)
  • 15 de xuño: Cata de viños certificados por Galicia Calidade coa enóloga Cristina Charanga no Cash Record do Polígono de Agrela (A Coruña)

Redes sociais

Multimedia