Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Biomasa Forestal, primeira empresa española que obtén o certificado SBP para pellets
27/05/2016.

Biomasa Forestal, primeira empresa española que obtén o certificado SBP para pellets

Biomasa Forestal é a primeira empresa en España que consegue o certificado SBP por cumprir os requisitos de sustentabilidade na produción de pellets

Biomasa Forestal, empresa certificada por Galicia Calidade dedicada á produción de pellets para xeración de enerxía, conseguiu o primeiro certificado SBP (Sustainable Biomass Partnership) en España. Este certificado axuda á compañía para cumprir coa crecente esixencia dos seus clientes sobre a sustentabilidade das súas fontes de subministración.

O alcance deste certificado SBP cobre a fabricación de pellets procedentes de biomasa forestal para produción de enerxía, desde a subministración de materia prima, pasando pola produción e ata o seu transporte ao porto de Ferrol e outros portos en Europa. Os pellets serán usados para produción de enerxía polos seus clientes europeos.

O consumo anual da planta é de 140.000 toneladas de materia prima procedente de produtos e residuos forestais obtidos en Galicia  (100% madeira galega), e convertidas nunha produción anual de 65.000 toneladas de pellets. A compañía galega é líder en fabricación en España por segundo ano consecutivo.

Rigorosa evalución

NEPCon, entidade de certificación aprobada por SBP, foi quen emitiu o certificado SBP tras unha rigorosa avaliación da planta de pellet. "Biomasa Forestal debe sentirse orgullosa de ser a primeira empresa española en conseguir un certificado como o de SBP", afirma Pilar Gorría Serrano, coordinadora de certificación de NEPCon.

"A través deste certificado, demostrou o seu compromiso cunha subministración de materias primas procedente de fontes legais e sustentables para a produción de biomasa forestal", engade Pilar.

"Biomasa Forestal está, desde os seus inicios fai cinco anos, firmemente comprometida coa calidade ao máis alto nivel. A calidade é, ademais dun medio, un fin en si mesmo e unha filosofía empresarial para a nosa compañía", destacou Luz Pardo CEO da compañía galega.

Comunicado NEPCon

Redes sociais

Multimedia