Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Conde destaca que a iniciativa Deseña unha xoia para a túa nai impulsa o talento e o espírito emprendedor dos mais novos
30/04/2016.

Conde destaca que a iniciativa Deseña unha xoia para a túa nai impulsa o talento e o espírito emprendedor dos mais novos

Conde destacou que a iniciativa dos xoieiros galegos,  apoiada por Galicia Calidade, impulsa o talento e o espírito emprendedor" dos mais novos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou que os premios Deseña unha xoia para a túa nai, iniciativa organizada polo Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, "impulsa o talento e o espírito emprendedor" dos máis novos.

Tal e como destacou Conde, o certame -que contou coa colaboración de Galicia Calidade- serve ao mesmo tempo para achegar ao conxunto da cidadanía "un sector que sabe combinar a tradición artesanal coa vangarda, e que leva a calidade dos produtos galegos por todo o mundo".

Preto de 8.600 nenos e nenas de colexios de primaria de toda Galicia enviaron este ano as súas propostas a este concurso, co que se reta aos máis pequenos a debuxar a xoia que queren regalar no Día da Nai. 

O xurado, composto por profesionais da xoiería, a artesanía, a educación e os medios de comunicación seleccionou 20 finalistas por cada unha das categorías do concurso (ata catro anos, de 5 a 7, de 8 a 10 e de 10 a 12 anos) e esta tarde desveláronse os 12 gañadores, que viron convertidas en realidade as pezas que deseñaron.

Empresas Galicia Calidade
Os profesionais que o fixeron posible foron as empresas certificadas por Galicia Calidade Fink Orfebres (Santiago de Compostela); Ardentia (Bergondo); Unión Joyera de Bergondo (Bergondo) e Óscar Rodríguez Joyeros (Viveiro). Tamén participaron as xoierías Rosant (Marín); Kerale (Viveiro); Bernardino Otero (Santiago de Compostela); Click & Clack (Viveiro); a EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela); Alfonso Joyeros (Santiago de Compostela); Atempo (Ames e Santiago de Compostela); 

Tomando como referencia os debuxos enviados polos participantes, cada un dos xoieiros encargouse da creación dunha ou varias das xoias gañadoras. Tentando manterse o máis fiel posible ao deseño, decidiron o tipo de metal máis apropiado e a interpretación que mellor garantiu a súa execución técnica.

Redes sociais

Multimedia