Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Coren desafía aos novos talentos da cociña galega a elaborar receitas innovadoras co seu polo de curral
15/04/2016.

Coren desafía aos novos talentos da cociña galega a elaborar receitas innovadoras co seu polo de curral

Coren desafía aos novos talentos da gastronomía galega a que demostren o seu talento e creatividade utilizando polo de curral en receitas innovadoras

Coren desafía aos novos talentos da gastronomía galega a elaborar receitas co seu polo de curral, para que demostren a súa habilidade e a súa creatividade empregando este produto certificado co selo Galicia Calidade, no transcurso do concurso de Novos talentos da cociña Coren-CSHG. Premio Especial Polo de Curral, organizado polo grupo ourensán, en colaboración co Centro Superior de Hostalería Galicia e Galicia Calidade.

A organización deste concurso é iniciativa de Coren que -como un dos principais produtores de alimentos a nivel nacional- trata de difundir entre os alumnos da Escola de Hostalería as propiedades e posibilidades culinarias do  polo de curral na alta gastronomía.

Benjamín Vázquez, xefe de Márketing de Coren, explicou que a cooperativa é líder nacional en produción de polo  de curral, criado de modo tradicional con saída libre aos campos galegos e alimentado a base de cereais, fundamentalmente millo. Isto fai que sexa un produto de alta calidade, cuxo sabor e textura ofrecen excelentes resultados na  cociña. 

A directora do Centro de Hostalería, Marta Fernández, explicou que no certame participarán os 27 alumnos de segundo curso de Cociña, que ao longo dos próximos días desenvolverán as súas receitas e pasarán un proceso de selección no que se escollerán aos 10 finalistas do evento. Estes 10 alumnos participarán na fase final, prevista para o 21 de abril nas instalacións do centro. Na proba, cada un dos alumnos dispoñerá de dúas horas para realizar unha receita nova co polo de curral como protagonista. 

O xurado estará integrado por un representante de Coren, outro de Galicia Calidade, un cociñeiro e un xornalista gastronómico, que seleccionarán aos tres gañadores. O gañador recibirá unha enciclopedia de cociña Taschen e unha estancia nun balneario certificado por Galicia Calidade. O segundo clasificado recibirá un xogo de coitelos Global e unha estancia de en establecemento de turismo rural Galicia Calidade; mentres que o terceiro recibirá un xogo de xogo de coitelos Global e unha cesta de produtos de Galicia Calidade.

Mentres, Iván Fernández, portavoz de Galicia Calidade, destacou que estas iniciativas permiten achegar a excelente materia prima galega aos futuros cociñeiros, para que coñezan as características dos produtos de calidade certificada e sexan prescriptores deles ao longo das súas carreiras profesionais.

Polo de curral 

O Grupo Coren é o principal produtor nacional de polo campeiro, que se produce en granxas galegas onde os animais se crían de modo tradicional con saída libre a campo e dispoñen dunha superficie de polo menos un metro cadrado por animal. Ademais, reciben unha alimentación completamente tradicional, a base de cereais, fundamentalmente millo. 

Redes sociais

Multimedia