Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Eidos de Padriñán, de Adega Eidos, na bussines class de British Airways
10/11/2015.

Eidos de Padriñán, de Adega Eidos, na bussines class de British Airways

Adega Eidos suministrou a colleita 2013 do seu viño Eidos de Padriñan á compañía aérea British Airways, para a bussines class de todos os voos de traxecto internacional.


Adega Eidos, unha adega de Sanxenxo (Pontevedra) amparada pola D.O. Rías Baixas e adscrita a Galicia Calidade, forneceu a súa colleita 2013 dun dos seus viños insignia, Eidos de Padriñán. á British Airways, que o serviu en todos os seus voos de traxecto internacional e para business class.

Esta empresa de carácter familiar, elabora viños monovarietales de recoñecido prestixio, conseguindo ano tras ano estar entre os mellores puntuados das guías especializadas como Peñín ou Wine Advocate de Robert Parker. O acordo con British Airways pechouse despois de superar un rigoroso proceso de selección dos sumillers da compañía.

Cunha traxectoria de máis de 15 anos na D.O. Rías Baixas, buscou permanentemente fomentar a cultura do viño a través de diversas actividades enoturísticas como visitas guiadas, catas comentadas, talleres culinarios e de maridaxe, creando sinerxias co sector hostaleiro da comarca. Pertencente ao Sicted, conta ademais coa Q de calidade turística e as ISOS 9001 e 14001. 

Cunha produción limitada de 50.000 botellas anuais para os seus tres viños, Eidos de Padriñán, Veigas de Padriñán e Contraaparede, concentra as súas vendas na exportación ao que se destina máis do 70% da súa colleita anual, elaborada de forma, case exclusiva, con uva da parroquia de Padriñán, en Sanxenxo.

Redes sociais

Multimedia