Inicio / NOVAS / Notas de prensa / O 54% dos viños certificados por Galicia Calidade, no medalleiro da Guía de Viños e Destilados de Galicia
18/12/2015.

O 54% dos viños certificados por Galicia Calidade, no medalleiro da Guía de Viños e Destilados de Galicia

O enólogo Luís Paadín distingue coa medalla Gran Ouro a 6 dos 61 viños certificados co selo de garantía Galicia Calidade na Guía de Viños e destilados de Galicia. Tamén concedeu 16 medallas de ouro e 11 de prata

O 54% dos viños certificados co selo de garantía Galicia Calidade figuran no medalleiro da Guía de Viños e destilados de Galicia, elaborada polo enólogo Luís Paadín, tras 28 sesións de cata nas que participaron 41 catadores da Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia e da Asociación Galega de Catadores. 

Despois de catar 1.025 botellas, o comité da Guía de Viños concedeu galardóns a 33 dos 61 viños certificados por Galicia Calidade. Entre eles, figuran 6 viños con medallas Gran Ouro (o 9,2% do total), concedido a aqueles viños cunha puntuación de entre 92 e 100 puntos. 

Os viños Galicia Calidade tamén foron distinguidos con 16 medallas de ouro (6,5% de todos os desta categoría), que se concede aos caldos que obtiveron unha puntuación entre 85 e 91 puntos; e 11 medallas de prata (o 6,7%) para os viños cunha puntuación entre 80 e 84 puntos.

A Guía de Viños e Destilados de Galicia está considerada como a principal e máis exhaustiva referencia dos viños galegos, xa que conta con 33 paneis de cata diferentes e examina case todas as referencias das botellas certificadas polas cinco denominacións de orixe. A guía analiza diferentes criterios da fase visual (cor e aspecto), olfativa (intensidade, franqueza e calidade) e en boca (intensidade, franqueza, persistencia e calidade), ademais de realizar unha valoración xeral na que se pon o acento na harmonía. 

En total, a Guía destaca 477 viños das cinco denominacións de orixe, dos que 47 deles corresponden a Monterrei (9,9%); 179 a Rías Baixas (34,5%); 79 a Ribeira Sacra (16,6%); 93 a Ribeiro (19,5%); e 79 a Valdeorras (6,6%). 

Segundo os datos da Guía, en Galicia hai inscritas 451 adegas nas cinco denominacións de orixe, que elaboran 41 millóns de litros de viño. Rías Baixas, con 181 adegas, elabora 22 millóns de litros (o 53,6%); Ribeiro, con 113 adegas, elaborou 8,4 millóns (o 20,5%) en 2014; Valdeorras conta con 44 adegas e elaborou 5,5 millóns de litros (13,5%); Ribeira Sacra, 89 adegas e 3,14 millóns de litros (7,7%); e Monterrei, con 24 adegas e 1,92 millóns de litros  (4,7%).

Viños premiados
Gran ouro, Summa cum laude

  • Terra do Gargalo sobre lías 2102. Gargalo (D.O. Monterrei)
  • Viña Verino 2012. Gargalo (D.O. Monterrei)
  • Regina Expresión 2012. Regina Viarum (D.O. Ribeira Sacra)
  • Val de Nairoa 2014. Bodegas Nairoa (D.O. Ribeiro).
  • 200 Cestos 2014. Adega A Coroa (D.O. Valdeorras)
  • A Coroa Lías 2014. Adega A Coroa (D.O. Valdeorras) 

Ouro

  • Gargalo Godello 2014. Gargalo (D.O. Monterrei)
  • Gargalo Treixadura e albariño 2014. Gargalo (D.O. Monterrei)
  • Altos de Torona  2014. Altos de Torona (D.O. Rías Baixas)
  • Altos de Torona  Barrica 2013. Altos de Torona (D.O. Rías Baixas)
  • Altos de Torona  Brut Nature 2014. Altos de Torona (D.O. Rías Baixas)
  • Altos de Torona  Rosal 2013. Altos de Torona (D.O. Rías Baixas)
  • Señorío de Rubios Brut Nature. Señorío de Rubios (D.O. Rías Baixas)
  • Señorío de Rubios Condado 2014. Señorío de Rubios (D.O. Rías Baixas)
  • Valtea 2014. Vilarvín (D.O. Rías Baixas)
  • Valtea Extra Brut 2014. Vilarvín (D.O. Rías Baixas)
  • Regina Viarun 2014 branco. Regina Viarum (D.O. Ribeira Sacra)
  • Regina Viarum 2014. Regina Viarum (D.O. Ribeira Sacra)
  • Vía Romana 2013. Vía Romana (D.O. Ribeira Sacra)
  • VR Barrica 2011. Vía Romana (D.O. Ribeira Sacra)
  • Alberte 2014. Bodegas Nairoa (D.O. Ribeiro).
  • A Coroa 2014. Adega A Coroa (D.O. Valdeorras) 

Prata

  • Altos de Torona  Godello 2014. Altos de Torona (D.O. Rías Baixas)
  • Manuel D’Amaro Pedral 2011. Señorío de Rubios (D.O. Rías Baixas)
  • Pazo de Villarei 2014. Pazo de Villarei (D.O. Rías Baixas)
  • Señorío de Rubios 2014. Señorío de Rubios (D.O. Rías Baixas)
  • Señorío de Rubios Brut. Señorío de Rubios (D.O. Rías Baixas)
  • Señorío de Rubios Sousón 2013. Señorío de Rubios (D.O. Rías Baixas)
  • Regina Viarum Ecolóxico 2012. Regina Viarum (D.O. Ribeira Sacra)
  • Vía Romana 2014 branco. Vía Romana (D.O. Ribeira Sacra)
  • Quinta do Buble 2014 branco. Quinta do Buble (D.O. Monterrei)
  • Terra do Gargalo Carballo 2012. Gargalo (D.O. Monterrei)
  • Terra Rubia 2014. Gargalo (D.O. Monterrei)

Redes sociais

Multimedia