Inicio / NOVAS / Notas de prensa / O xamón Selecta de Coren consegue o premio Superior Taste Award, coa cualificación de sobresaliente
03/05/2016.

O xamón Selecta de Coren consegue o premio Superior Taste Award, coa cualificación de sobresaliente

O xamón Selecta de Coren, de porcos alimentados con castañas, obtivo o prestixioso premio Superior Taste Award con dúas estrelas de ouro e cualificación de sobresaliente

O xamón Selecta de Coren, procedente de porcos alimentos con castañas, obtivo o prestixioso premio Superior Taste Award convocado polo Instituto Internacional de Sabor e Calidade (ItQi), tras unha cata con máis de 120 chefs das máis prestixiosas asociacións culinarias de Europa, que lle outorgaron dúas estrelas de ouro e unha cualificación de "sabor e calidade sobresaliente".

Na cata, os produtos sométense sen ningunha identificación á avaliación dos chefs para analizar os seus parámetros gustativos e sensoriais. Neste caso, o xurado destacou as características do xamón, que se distingue polo seu aroma, veteado, punto xusto de curación e o sabor especial que lle achega a alimentación dos porcos con castañas.

O premio conta cun gran prestixio no sector, xa que supón unha acreditación tanto a nivel nacional como internacional da calidade e o sabor do produto certificada por parte dos maiores expertos en gastronomía de Europa nunha cata a cegas. As catas celebráronse o pasado 18 de abril en Alimentaria e a entrega oficial do premio realizarase o próximo 2 de xuño, en Bruxelas.

Xamón Selecta

Os porcos para a produción do xamón Selecta son de raza seleccionada para facilitar a infiltración de graxa e se crían integramente en granxas galegas, co máximo benestar e conta coa certificación do selo Galicia Calidade. Ademais, a alimentación con castañas confire aos xamóns un excelente sabor. Cúranse de modo artesanal durante 18 meses nos secaderos do Grupo Coren en Lugo

A castaña destinada aos porcos da Gama Selecta procede integramente de Galicia, colléitase en tempada e logo pélase, coce e conxela, co fin de ter dispoñibilidade para a alimentación dos porcos todo o ano. Para 2016, Coren adquiriu dous millóns de quilos de castaña galega, destinados á alimentación dos animais durante este ano. 

Redes sociais

Multimedia