Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Enogastronomía con produtos Galicia Calidade, un dos principais atractivos da 53 edición da Feira do Viño do Ribeiro
29/04/2016.

Enogastronomía con produtos Galicia Calidade, un dos principais atractivos da 53 edición da Feira do Viño do Ribeiro

A enogastronomía con produtos Galicia Calidade e a maridaxe con viños da D.O. Ribeiro, principal atractivo da 53 edición da Feira do Viño do Ribeiro

As actividades de enogastronomía con produtos Galicia Calidade e a maridaxe con viños da Denominación de Orixe Ribeiro, é un os principais atractivos da 53 edición da Feira do Viño do Ribeiro, que se celebra do 29 de abril ao 1 de maio, en Ribadavia. 

A Aula Galicia Calidade contará coa participación do sumiller Nacho Costoya, quen maridará os viños desta denominación de orixe coas propostas que elaboren os chefs Carlos Maldonado,  gañador da 3ª edición do programa Master Chef; Héctor López, do Restaurante España (Lugo); Alberto Lareo, do restaurante Manso (Santiago de Compostela) e finalista do concurso Cociñeiro Revelación de Madrid Fusion 2016; e Covadonga García, finalista do concurso Master Chef Junior. Para acceder ao taller de cociña é necesario adquirir as entradas na Oficina de Turismo. 

Na Aula Galicia Calidade tamén se celebrará a entrega de vídeos sobre as adegas da D.O. Ribeiro; a presentación do ciclo de FP Aceite de Oliva e Viños, que se impartirá no Instituto de Educación Secundaria Ribeiro; e a entrega dos premios da cata popular da presente edición da Feira do Viño do Ribeiro.

Nesta edición estarán presentes 40 participantes (11 adegas e 29 colleiteiros), o que reflicte o número máis elevado dos últimos anos e representa un incremento do 25% respecto da última edición.  

Galicia Calidade mantén a colaboración coa Feira do Viño do Ribeiro desde o ano 2012, para contribuír a difundir as posibilidades que ofrecen os produtos certificados por esta marca de garantía, tanto na alta gastronomía como na súa maridaxe cos viños de calidade que ofrece esta denominación de orixe. 

Redes sociais

Multimedia