Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Estrella Galicia homenaxea ao himno galego coa campaña Fogar de Breogán, cunha edición limitada de 2,5 millóns de botellas
04/05/2016.

Estrella Galicia homenaxea ao himno galego coa campaña Fogar de Breogán, cunha edición limitada de 2,5 millóns de botellas

Estrella Galicia, en colaboración coa revista Luzes, trata de desvelar que Qué din os rumorosos?, unha homenaxe ao himno galego e ao seu creador, Eduardo Pondal

Estrella Galicia, empresa certificada por Galicia Calidade, impulsa a campaña Fogar de Breogan que constitúe unha homenaxe ao himno galego e coa que procura dar resposta a pregunta Que din os rumorosos?, primeiro verso do poema Os Pinos, escrito por Eduardo Pondal, e que constitúe a letra do canto da identidade galega.

A campaña consiste nunha edición limitada de 2,5 millóns de botellas en homenaxe á figura de Eduardo Pondal que estarán dispoñibles na canle de hostalería durante todo o mes de maio. As etiquetas foron deseñadas polo ilustrador Brais Rodríguez co obxectivo de transmitir modernidade e identidade.

Outro dos eixes fundamentais do proxecto materialízase no número 30 da revista Luzes, unha edición especial Que din os rumorosos?  na que conseguiron recoller a resposta de 50 personaxes moi recoñecidos da sociedade galega. Nomes como a produtora de cine Emma Lustres, o investigador Ángel Carracedo, o humorista Xosé Antonio Touriñán, os cantantes Uxía e Antón Reixa, o presentador Xosé Ramón Gayoso, así como deportistas e políticos de diverso signo, son só algúns dos que quixeron participar neste número da revista expresando a súa visión sobre a identidade galega.

José Cabanas, Chief Marketing Officer de Hijos de Rivera, manifestou na presentación o compromiso de Estrella Galicia coa súa orixe, unha orixe que reivindica en cada unha das súas cervexas a través do 50% do nome da súa marca. 

Neste sentido, expresou a súa satisfacción polo resultado deste proxecto, que logrou aglutinar as vontades de Estrella Galicia, dunha publicación de referencia como a revista Luzes, de 50 personaxes da sociedade galega, "os nosos rumorosos", e da Fundación Eduardo Pondal, que leva a cabo un intenso labor de divulgación da cultura galega e da figura do escritor. Nas súas propias palabras, "a identidade galega construímola entre todos e cada un dos que acotío vivimos e sentimos Galicia como parte intrínseca do que somos".

Redes sociais

Multimedia