Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Estrella Galicia reta de novo aos hostaleiros galegos a demostrar a súa destreza no tiraxe de cervexa
07/03/2016.

Estrella Galicia reta de novo aos hostaleiros galegos a demostrar a súa destreza no tiraxe de cervexa

Estrella Galicia celebra de novo o Campionato Galego de Tiraje de Cervexa co obxectivo de recoñecer a destreza dos mellores tiradores de cervexa da comunidade

Estrella Galicia pon en marcha de novo o Campionato Galego de Tiraxe de Cervexa co obxectivo de recoñecer a destreza dos mellores tiradores de cervexa da comunidade. Os aspirantes ao título xa poden inscribirse na competición que permitirá aos 4 primeiros clasificados optar ao título nacional no campionato que se celebrará en abril no marco do Salón de Gourmets de Madrid, onde competirán co resto de gañadores das demais finais rexionais de toda España. 

Ademais, o certame consolidará a un dos aspirantes como o Mellor Tirador de Cervexa de Galicia. O Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela será o escenario da competición o próximo 28 de marzo. Un total de 40 participantes en representación das catro provincias da comunidade xogaranse o título e o pase á final nacional.  

Tras o éxito de edicións anteriores, esta terceira convocatoria busca de novo premiar a profesionalidade e o labor dos hostaleiros no servizo de cervexa como parte fundamental da cadea de distribución dos produtos de Estrella Galicia. O bo facer e paixón cervexeira destes profesionais repercute directamente na satisfacción dos consumidores dunha cervexa premium como Estrella Galicia.  

Os aspirantes para alzarse co título deste certame cervexeiro de Galicia xa poden rexistrar a súa solicitude de participación ata o próximo 20 de marzo a través da web de Estrella Galicia. Os mellores accederán directamente á gran final nacional que se celebrará o próximo mes de abril no marco do Salón de Gourmets en Madrid, onde se enfrontarán ao resto de gañadores rexionais das diferentes comunidades autónomas representadas.  

Un xurado de expertos 

Integrado por expertos en tiraxe, hostalería e gastronomía, o papel do xurado será o de valorar a calidade, eficacia e rapidez no servizo, así como os coñecementos sobre cultura cervexeira dos aspirantes ao título. 

Ademais, analizará e puntuará a actividade de cada participante, tendo en conta uns parámetros como o estilo, técnica e forma de tirar a cervexa, o acabado, a cremosidad da escuma e limpeza, así como a súa presentación. 

Os cinco finalistas recibirán un premio do seu peso en cervexa, e a dotación económica para o campión será de 600 euros e para o subcampión de 400 euros. Entregaranse tamén tres accésit de 150 euros cada un. Todos eles recibirán un diploma acreditativo coa súa clasificación, reservándose para os 4 primeiros a clasificación directa para participar no Campionato Nacional de Tiraxe, cubrindo os seus gastos de desprazamento e manutención.

Redes sociais

Multimedia