Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Clusaga premia a Feiraco, Kiwi Atlántico e Torre de Núñez, empresas Galicia Calidade
17/06/2016.

Clusaga premia a Feiraco, Kiwi Atlántico e Torre de Núñez, empresas Galicia Calidade

O Clúster da Alimentación de Galicia concede os seus premios anuais a Feiraco, Torre de Núñez e Kiwi Atlántico, empresas co selo Galicia Calidade

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) recoñeceu na segunda edición dos Premios Galicia Alimentación 2016 o labor que realizan as empresas Feiraco, Torre de Núñez e Kiwi Atlántico, certificadas por Galicia Calidade, a favor da promoción dos produtos alimentarios galegos.

O xurado de Clusaga acordou recoñecer o impacto internacional conseguido pola cárnica lucense Torre de Núñez, que conseguiu situar os seus produtos en máis de 70 países. Tamén destacou a contribución de Kiwi Atlantico, polo seu proxecto empresarial.

O premio honorífico foi concedido ao director xeral de Feiraco, José Luis Antuña, pola traxectoria empresarial. A empresa Fiablone (Innovación ao Produto Calabizo) a Freshcut (Proxectos Empresariais) completaron o palmarés

Os premios Galicia Alimentación foron constituídos no ano 20154 para contribuír á promoción dos produtos alimentarios e as bebidas galegas, así como os proxectos, empresas e institucións, para avanzar na mellora da súa reputación dentro do sector alimentario e da sociedade en xeral.

Valor engadido

No acto de entrega dos galardóns, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, reivindicou a función social da industria agroalimentaria, que ademais de facturar cada ano máis de 4.700 millóns de euros e de dar emprego a máis de 18.300 persoas, tamén "xera valor engadido para os produtos do campo e do mar". 

O presidente da Xunta agradeceu ao Clusaga o compromiso na elaboración dunha estratexia conxunta. ?Estades a axudar a fixar poboación e a demostrar que no rural tamén se poden facer negocios?, dixo Feijóo. 

Redes sociais

Multimedia