Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Galicia Calidade colabora con PuntoGal para fomentar o rexistro de dominios ".gal" na rede
27/04/2016.

Galicia Calidade colabora con PuntoGal para fomentar o rexistro de dominios ".gal" na rede

Por cada libro que se compre ata o 31 de xullo, obtense unha fita marcadora cun código que permite rexistrar na rede un dominio ".gal" por 15 euros

Galicia Calidade, en colaboración coa Federación de Librerías de Galicia e a Asociación PuntoGal, promocionan a implantación de dominios na rede ".gal" cunha oferta de 15 euros para quen presente nas empresas rexistradoras un código de desconto que figura nas fitas marcadoras que se regala ao comprar un libro.

A campaña Cultiva a Lectura, iniciada o Día do Libro (23 de abril), mantense activa ata o 31 de xullo de 2016 e os beneficiarios desta oferta de promoción deben solicitar o rexistro do dominio ".gal" nas  empresas colaboradoras Dinahosting, Entorno Digital e Blacknight.

PuntoGal é unha entidade sen ánimo de lucro que ten o compromiso de reinvestir os beneficios que consiga unha vez consolidado o dominio en programas de promoción da lingua e a rede en Galicia.

Nestes momentos centra os seus esforzos en informar e dar a coñecer as vantaxes de utilizar un dominio ".gal" como sinal de identidade da comunidade galega na internet. Na actualidade conta xa con 3.000 dominios rexistrados. 

A colaboración entre Calicia Calidade, a Asociación Puntogal e a Federación de Librerías de Galicia é a primeira de moitas iniciativas para achegar á sociedade o dominio galego na internet. Neste caso, coa oferta que se obtén mediante o código de desconto dos marcapáginas que se regalan ao comprar un libro.

Redes sociais

Multimedia