Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Galicia Calidade colabora co barista Óscar de Toro no seu proxecto #oscarontheway que percorrerá o camiño de Santiago
17/07/2015.

Galicia Calidade colabora co barista Óscar de Toro no seu proxecto #oscarontheway que percorrerá o camiño de Santiago

O proxecto busca reivindicar o Camiño como lugar de reflexión, encontro e solidariedade, ademais de promocionar os produtos certificados por Galicia Calidade

O barista compostelán Óscar de Toro, en colaboración con Galicia Calidade, comeza o vindeiro domingo 19 de xullo a percorrer os tramos galegos do Camiño de Santiago dentro dunha iniciativa que baixo o nome de #OscarOnTheWay ten como obxectivo reivindicar o Camiño como lugar de reflexión e de encontro. A acción é unha mostra de solidariedade cos camiñantes, aos que queremos agradecer o seu esforzo que sintan o ánimo e a hospitalidade dos galegos.

O Camiño, ademais do sufrimento tamén é unha oportunidade de gozar dos bos momentos, pola paisaxe, polos compañeiros e polos produtos que se poden atopar. E precisamente no coñecemento dos produtos e na posta en valor dos mesmos baséase #OscarOnTheWay. Durante as etapas que Óscar de Toro fomentarase o coñecemento das empresas do sector primario galego como elemento diferenciador.

Por iso esta acción é unha mostra da colaboración e cooperación do tecido empresarial galego cun dos grandes acontecementos, o Camiño, da historia de Galicia. Buscouse e atopouse a colaboración de numerosas empresas galegas. Así mesmo colaboran tamén distintas institucións e organismos entre os que destaca Galicia Calidade.

O percorrido de Óscar de Toro comeza o vindeiro domingo 19 de xullo no Cebreiro e finaliza o mesmo día do Apóstolo, o 25 de xullo na Praza do Obradoiro. Na acción xogarán un papel fundamental os propios peregrinos e as redes sociais. Durante o sete días de percorrido, a comunicación e difusión do que nela suceda terá o seu reflexo continuado en Internet.

Percorrido social

Precisamente este é un aspecto novo da acción, xa que se dá un paso máis lonxe no concepto do blogtrip tan manido ultimamente. Para iso créase un storytelling e como forma máis orixinal de facelo social apóstase pola utilización dunha fórmula innovadora até o momento que comprende entre outras accións, unha difusión 2.0 con conexións en directo e cun formato nun 90% de vídeo. En cada unha das etapas realizaranse diarimente dúas conexións en directo, que se poderán ver a través de YouTube, desde lugares emblemáticos e localidades importantes e representativas do Camiño.

Así mesmo, ao longo de cada unha das xornadas diferentes pezas gráficas irannos mostrando a interacción de Óscar de Toro cos camiñantes e os produtos das empresas colaboradoras. 

O seguimento das accións poderase realizar desde as canles 2.0 de Galicia Calidade (Youtube, Facebook e Twitter) e xa desde alí poderanse difundir e compartir polo resto de persoas que acompañarán ao protagonista da acción. 

A interactividade a través de Twitter e Facebook será total en todo momento e poranse en marcha dous concursos uno de fotografía do Camiño a través de Instagram e outro en Facebook en que o premio é unha xoia relacionada co Camiño.  

A relación de empresas e entidades colaboradoras é a seguinte:

  • Galicia Calidade
  • GoldCar
  • Tee Travel
  • Eroski
  • Estrella Galicia
  • Cabreiroá
  • Cafés Candelas
  • Ingapan
  • Aceites Abril
  • Aguas de Mondariz
  • Ardentia
  • Aira do Camino. Comercio Rural Galego
  • Casa Calzada. Comercio Rural Galego
  • Hotel Spa Augusta (Sanxenxo)
  • Hotel Louxo ( A Toxa)
  • Feiraco
  • Coren
  • Gafas Carrussel
  • Bodegas A Coroa
  • Pazo de Vilane
  • Diecisietecosas.com
  • Kiwi Atlántico
  • Bodegas Quinta de Buble
  • Avícola de Galicia
  • Conservas Luis Escurís Batalla
  • Adega Os Eidos
  • Quesos Cas Leiras
  • A Pementeira
  • Bodegas Nairoa
  • Pulpo Gallego Pereira
  • Bodegas Vilarvín
  • Lacteos Anzuxao
  • Bodeguilla de San Lázaro


Redes sociais

Multimedia