Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Galicia Calidade participa no festival de Cans con degustacións con produtos certificados polo selo de garantía
26/05/2017.

Galicia Calidade participa no festival de Cans con degustacións con produtos certificados polo selo de garantía

Galicia Calidade volveu a colaborar co Festival de cinema de Cans (Porriño), onde difundiu entre o público a importancia de contar con produtos certificados na gastronomía

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través de Galicia Calidade, volveu a colaborar co Festival de Cans, que se celebra do 26 ao 28 de maio nesta localidade do Porriño, e aproveito a ocasión para difundir entre o público asistente a importancia de contar con produtos certificados na gastronomía.

Deste xeito, ás 11.30 horas, na Leira de Alicia, o barista Óscar de Toro, realizou unha degustación de café, elaborado con produtos certificados por Galicia Calidade, momentos antes da celebración do coloquio sobre cinema.

Galicia Calidade tamén colabora coa organización do festival, ao ofrecer a comida e a cea oficial que brindará aos seus invitados, elaborada polo chef Kike Piñeiro, propietario da Horta do Obradoiro, en Compostela. Os menús estarán elaborados con produtos alimentarios das empresas que contan co selo de garantía de Galicia Calidade.

Entre as empresas certificadas por Galicia Calidade que participaron na degustación atópanse Coren, Jealsa, Luís Escurís Batalla, Pazo de Vilane, Torre de Núñez, Queixería Cas Leiras, Lácteos Anzuxao, Queixos Feijoo, Conservas A Rosaleira, Galego Pereira, Porto de Celeiro, Ingapán, Fornos San Fiz, Patacas Conde, Xamóns González, Mondariz e Feiraco, entre outras.

Evento singular

O Festival de Cans é un evento singular de curtametraxes de produción galega, onde a música tamén xoga un papel moi relevante e outras proxección cinematográficas, que se celebra o terceiro domingo do mes de maio, nesa parroquia de Porriño. Durante a súa celebración, a aldea transfórmase, xa que as salas de proxección son as as adegas, galpóns, baixos de casas ou casas vellas deshabitadas, que os veciños poñen a disposición do festival.

A primeira edición celebrouse no ano 2004, como unha broma para imitar o festival que se celebra ese mesmo día na cidade francesa de Cannes e, desde entón, foi gañando apoio popular ata converterse nun espazo no que se produce un terremoto cultural, fronte a sofisticación e o glamour que hai simultaneamente na Costa Azul.

Redes sociais

Multimedia