Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Galicia Calidade proxectará no Festival de Cans a importancia dos produtos de calidade certificada para a gastronomía
06/05/2016.

Galicia Calidade proxectará no Festival de Cans a importancia dos produtos de calidade certificada para a gastronomía

Galicia Calidade co Festival de Cans, para proxectar entre o público asistente a importancia de contar con produtos certificados na gastronomía

Galicia Calidade volve a colaborar co Festival de Cans, que se celebra do 18 ao 21 de maio  nesta localidade do Porriño,  e aproveitará a ocasión para proxectar entre o público asistente o sábado 21 a importancia de contar con produtos certificados na gastronomía.

Deste xeito, as 11.30 horas, na Leira de Alicia¸ o barista Óscar de Toro, fará unha degustación de café, elaborado con produtos certificados por Galicia Calidade, momentos antes da celebración do coloquio sobre cinema. 

Galicia Calidade tamén colabora coa organización do festival, ao ofrecer a comida e a cea oficial que brindará aos seus convidados. Os menús estarán elaborados con produtos alimentarios das empresas que contan co selo de garantía Galicia Calidade.

Evento singular

O Festival de Cans é un evento singular de curtametraxes de produción galega, onde a música tamén xoga un papel moi relevante e outras proxección cinematográficas, que se celebra o terceiro domingo do mes de maio, na parroquia homónima de Porriño. Durante a súa celebración, a aldea transfórmase, xa que as salas de proxección son as as adegas, jalpóns, baixos de casas ou casas vellas deshabitadas, que os veciños poñen a disposición do festival.

A primeira edición celebrouse no ano 2004, como unha broma para remedar o festival que se celebra ese mesmo día na cidade francesa de Cannes, e dende entón foi gañando apoio popular ata converterse nun espazo no que se produce un terremoto cultural, fronte a sofisticación e o glamour que hai simultaneamente na Costa Azul.

Neste edición, conta coa proposta máis multidisciplinar da súa historia, con programas de danza, gastronomía, literatura, humor gráfico ou a videoperformance, partindo sempre desde propostas audiovisuais nunha edición na que Cans reunirá a 160 músicos e 90 obras audiovisuais dende o 18 ao 21 de maio

Redes sociais

Multimedia