Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Alfonso Cabaleiro: "Galicia Quality será a marca de promoción dos produtos galegos no exterior"
23/06/2016.

Alfonso Cabaleiro: "Galicia Quality será a marca de promoción dos produtos galegos no exterior"

Galicia Calidade tamén apostará por campañas de promoción para os produtos avícolas e lácteos e ampliar a certificación a sectores da moda, do naval e da lousa

O xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, avanza que os obxectivos para os próximos meses son desenvolver a marca Galicia Quality como referente de calidade dos produtos galegos fóra de España, realizar campañas específicas de promoción para os produtos avícolas e lácteos acollidos á marca de garantía e ampliar Galicia Calidade aos sectores da moda, do naval e da lousa.

Nunha entrevista en Campo Galego, Alfonso Cabaleiro explicou que Galicia Calidade está a ampliar a certificación de servizos, que xa conta con máis de 300 produtos e case 90 empresas certificadas. "O que pretendemos é que siga sendo a gran marca de promoción colectiva para todo o produto galego", agregou.

Segundo relatou, está "avanzando no desenvolvemento da marca Galicia Quality para a promoción fóra de España, sobre todo nos países de fala inglesa" e que "sexa a marca da economía galega que certifique dunha maneira de facer as cousas en sectores considerados identitarios e cun importante peso económico de fronte ao exterior".

Axudar ás empresas

Cabaleiro explicou que o obxectivo de Galicia Calidade é ser útil ás empresas, "achegarlles un maior coñecemento e un incremento das vendas. O que ofrece a estas empresas é unha certificación de garantía de fronte ao consumidor. É dicir, garantimos que o produto é galego e que ten calidade; e iso avalámolo a través dun prego de condicións que lles esiximos ás empresas e mediante unha serie de auditorías, como mínimo una ao ano, que garanten o cumprimento efectivo desas esixencias".

Tamén aludiu á situación do viño e avogou por aplicar en Galica "a tendencia en todo o mundo de simplificar e ir a marcas colectivas". "Creo que tamén debemos ir por esa vía e non caer no minifundio. Galicia Calidade quere ser unha marca complementaria das denominacións de orixe, non substitutoria", agregou.

Entrevista completa en Campo Galego

Redes sociais

Multimedia