Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Gómez Noya afronta con moita moral os Xogos de Río tras conseguir o cuarto título europeo en Lisboa
30/05/2016.

Gómez Noya afronta con moita moral os Xogos de Río tras conseguir o cuarto título europeo en Lisboa

Gómez Noya afronta os Xogos Olímpicos de Río 2016 con "moita moral", tras gañar en Lisboa o cuarto título europeo, o primeiro triatleta con tantos antorchados

Javier Gómez Noya, pentacampeón mundial de tríatlon, afronta a preparación dos Xogos Olímpicos (JJ OO) de Río 2016 con "moita moral", tras a vitoria alcanzada no campionato europeo celebrado en Lisboa, que lle permitiu alcanzar o cuarto antorchado nesta categoría.

Gómez Noya, que conta co patrocinio de Galicia Calidade, destaca que a vitoria de Lisboa. no primeiro tríatlon de distancia olímpica no que participa nesta tempada, demostra que a preparación vai "por bo camiño" e xa se esqueceron os inconvenientes sufridos ao comezo da tempada.

O triunfo en Lisboa tamén significou que Javier Gómez Noya é o único atleta desta disciplina que conta con catro títulos europeos, o que supuxo o desempate co francés Fred Belaubre e co británico Alistair Brownlee. Ademais, a é este palmarés hai que sumar os cinco títulos mundiais, o único na súa disciplina con tantos entorchados.

Moita moral

Gómez Noya explicou que a proba de Lisboa foi "durísima, ao faltar o ritmo  de competición". "Isto dáme moita moral para os seguintes tríatlons nos que espero ser capaz de correr máis rápido", explicou.

O seguinte será en Leeds o 12 xuño, na quinta cita das Series Mundiais. Alí o nivel da competencia será superior ao do europeo xa que estarán case todos os candidatos a postos de cabeza nos JJOO.

Redes sociais

Multimedia