Inicio / NOVAS / Notas de prensa / O Grupo Ingapan adquire o forno Ceapan, amparado pola IXP Pan de Cea
15/01/2016.

O Grupo Ingapan adquire o forno Ceapan, amparado pola IXP Pan de Cea

O Grupo Ingapan amplía a súa expansión produtiva, tras adquirir o forno Ceapan, onde manterá a aposta pola elaboración tradicional deste pan, amparado pola IXP de Pan de Cea

O Grupo Ingapan amplía a súa expansión produtiva, tras adquirir un dos vinte fornos que conforman a Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea, de San Cristovo de Cea (Ourense).

A indicación xeográfica Pan de Cea conseguiu, en pouco máis de dez anos, situarse no recoñecemento internacional, grazas á aposta artesanal dun pan de orixe de calidade, uns valores que sempre compartiu a firma lucense desde a súa orixe en 1959.

Esta premisa é a que seguirá vixente, agora, baixo o nome de Ceapan, un forno cheo de historia e tradición que conservará a receita orixinal e a autenticidade do Pan de Cea, sen renunciar ás melloras nos procesos de elaboración. Este será o novo reto que abordará a terceira xeración do Grupo Ingapan.

Certificacións

Por outra banda, o Grupo Ingapan obtivo a máxima nota ás prestixiosas certificacións BRC e IFS que garanten os máximos niveis da seguridade alimentaria dos procesos de produción, produtos e servizos. 

Ambas as certificacións foron obtidas durante 2015 a través da correspondente auditoría en todos os seus centros de produción, obtendo a máxima nota en ambos os certificados, Grao AA e Higher Level, respectivamente, o que constata o compromiso cos máis elevados estándares de calidade e seguridade alimentaria.  Ingapam conta tamén co selo de garantía Galicia Calidade.

Redes sociais

Multimedia