Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Gustavo Rey, de Ribadumia, gaña o Campionato Galego de Tiraxe de Cervexa, de Estrella Galicia
29/03/2016.

Gustavo Rey, de Ribadumia, gaña o Campionato Galego de Tiraxe de Cervexa, de Estrella Galicia

Gustavo Rey, da Cervexería Encontro de Ribadumia (Pontevedra), é o Mellor Tirador de Cervexa de Galicia, tras gañar o Campionato Galego organizado por Estrella Galicia.

Gustavo Rey, da Cervexería Encontro de Ribadumia (Pontevedra), alzouse co título de Mellor Tirador de Cervexa de Galicia no  Campionato Galego de Tiraje de Cervexa Estrella Galicia, que se celebrou no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela.  Iñaki Rivas, de Taberna do Labrego en Vilalba (Lugo), proclamouse subcampión. 

No concurso participaron un total de 40 aspirantes, procedentes de diferentes localidades de Galicia, que se enfrontaron ao longo de diferentes roldas para alzarse co título de mellor tirador de cervexa.  Os aspirantes tiveron que demostrar a súa destreza tirando cañas, servindo cervexa de botella e respondendo a preguntas de diversa índole sobre o mundo cervexeiro. 

Á gran final chegaron 5 aspirantes dos que tres conseguiron un accésit. Foron Diego Otero,de Cervecería Varadero de Sanxenxo; Francisco Barreiro, do restaurante Tío Paco de Santa Comba; e Nuria Igrexas, da Bodeguilla de Silleda. Os catro primeiros clasificados representarán a Galicia no Campionato Nacional que terá lugar no Salón de Gourmets de Madrid o próximo 5 de abril de 2015.

Selo Galicia Calidade

O obxectivo do campionato é promover a cultura cervexeira e recoñecer o labor dos hostaleiros como un elo fundamental na cadea de distribución dos produtos de Estrella, que conta co selo de garantía Galicia Calidade

O xurado estivo integrado por expertos en tiraje, hostalería e gastronomía e presidido por Fernando Igrexas, responsable de Cultura de Cerveza de Hijos de Rivera. Os cinco finalistas recibiron o premio do seu peso en cervexa, e a dotación económica para o campión foi de 600 euros, e para o subcampión de 400 euros. 

Redes sociais

Multimedia