Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Homenaxe de Estrella Galicia ao Obradoiro CAB, cunha edición limitada de 2,5 millóns de botellas
20/01/2016.

Homenaxe de Estrella Galicia ao Obradoiro CAB, cunha edición limitada de 2,5 millóns de botellas

Estrella Galicia lanza unha nova edición limitada de 2,5 millóns de botellas de cervexa para acompañar ao Obradoiro CAB durante a próxima edición da Copa do Rei de Baloncesto, que se celebrará na Coruña o próximo mes de febreiro e na que o club compostelán exerce de anfitrión

Estrella Galicia, empresa que conta co selo Galicia Calidade, deseñou unha nova edición limitada de botellas en homenaxe ao Obradoiro CAB que acompañará ao equipo anfitrión durante a próxima Copa do Rey de Baloncesto que se celebrará no Coliseum da Coruña o próximo mes de febreiro, 23 anos despois do seu anterior paso por Galicia. 

O director xeral do Rio Natura Monbus Obradoiro, José Luis Mateo, mostrouse "moi satisfeito por todas as iniciativas que saen da relación Estrella Galicia co Club, como a Camiseta Fan para abonados ou esta botella". Ademais, lembra que a firma cervexeira "estivo apoiando ao club en momentos bos e malos, polo que é de xustiza que agora vivamos unidos na nosa terra, 23 anos despois, o gran evento mundial que é a Copa".

Hastag #Copadoiro  

No deseño desta edición especial aplicáronse motivos que fan referencia ao baloncesto tanto na etiqueta frontal como no collarín, no que ademais se pode ler "Obradoiro & Estrella Galicia". Na etiqueta incluíuse o logotipo do club e o" hashtag #Copadoiro, así como as datas nas que terá lugar o torneo (do 18 ao 21 de febreiro 2016). 

A edición personalizada do Obradoiro 2016 estará dispoñible a partir desta semana ata esgotar existencias. Para este edición limitada de cervexa envasáronse 2,5 millóns de botellas de 33cl., que estarán dispoñibles na canle de hostalería de Santiago e A Coruña.

Redes sociais

Multimedia