Inicio / NOVAS / Notas de prensa / A plataforma Lecer de Galicia Calidade incorpora 12 novos establecementos turísticos
12/06/2017.

A plataforma Lecer de Galicia Calidade incorpora 12 novos establecementos turísticos

Galicia Calidade incorpora 12 novos establecementos turísticos dentro da marca Lecer, que agrupa establecementos de lecer, restauración e hostalería con calidade certificada.

O selo Galicia Calidade, dependente da Consellería de Economía Emprego e Industria, acaba de incorporar 12 novos establecementos turísticos dentro da marca Lecer, que agrupa establecementos de lecer, restauración e hostalería con calidade certificada. Grazas a esta ampliación a marca de garantía conta na actualidade cun total de 38 hoteis, restaurantes, casas rurais e portos deportivos certificados.

Para o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, o camiño que agora traza Lecer responde "á necesidade de impulsar a calidade como elemento que marque a diferenza respecto doutros destinos turísticos". Para logralo era necesario abrir o abanico da tipoloxía da oferta de lecer a todos os actores que compoñen o paquete turístico galego.

Para impulsar a marca, Galicia Calidade desenvolveu un Plan de Comunicación e Márketing específico para as firmas acollidas en Lecer, que se basea na aplicación intensiva das novas mensaxes e linguaxes co apoio das redes sociais e as aplicacións para dispositivos móbiles. Un reto que procura adaptarse aos novos modelos de consumo. 

Para Alfonso Cabaleiro, "o cambio máis importante ao que debemos dar resposta é o que levou ao turista, ao viaxeiro, ao individuo, ao centro de todo o proceso turístico, a ser o protagonista do ciclo da viaxe".

O plan de actuación de Lecer conta con catro obxectivos claros: xerar confianza e credibilidade na marca, conseguir maior visibilidade en medios, buscadores e redes sociais, mellorar a valoración de marca por agregación de oferta e chegar a un público máis amplo e diverso.

Redes sociais

Lecer, que conta na actualidade con 38 establecementos adheridos, busca dirixirse aos novos turistas que, grazas ás redes sociais e á hiperconectividad que permiten as novas tecnoloxías, convertéronse en grandes líderes de opinión que, a través de círculos concéntricos de confianza, colocan ou expulsan do mercado un produto.

A imaxe da marca de Lecer e o seu propio nome están relacionados cun produto turístico concreto, o denominado turismo de experiencia en hoteis, restaurantes e casas rurais certificados, é dicir, o turismo destinado a unha vivencia positiva e pracenteira que logra converterse nun recordo indeleble.

Os establecementos certificados son os seguintes:

Hoteis
  • HOTEL BOSQUE MAR
  • HOTEL LOUXO LA TOJA
  • HOTEL EGO 
  • HOTEL SPA NANÍN PLAYA
  • HOTEL ROTILIO
  • CASA DE CACHEIRO 
  • HOTEL BLUE CORUÑA
  • HOTEL PAZO DE ALTAMIRA
  • HOTEL CAMPOMAR 
  • HOTEL AUGUSTA SPA RESORT 
  • HOTEL MONUMENTO PAZO DO RÍO
  • PAZO ALMUZARA 
Restaurantes 
  • MESÓN A CEPA
  • RESTAURANTE NITO
  • RESTAURANTE A MIRANDILLA
  • RESTAURANTE A TABERNA
  • RESTAURANTE O BARAZAL
  • RESTAURANTE A CARBALLEIRA
  • BAR BERBERECHOESTAURANTE CARMEN
  • EIRADO DA LEÑA
  • RESTAURANTE ESPAÑA
  • RESTAURANTE YAYO DAPORTA
  • RESTAURANTE LA POSTRERIA
  • CANTINA RÍO COVÉS
  • O CURRO DA PARRA
  • RESTAURANTE EL COTO
  • RESTAURANTE CORAL 
  • RESTAURANTE FINISTERRAE A TORRE
  • RESTAURANTE FINISTERRAE ACUARIO
  • RESTAURANTE O GRELO
  • BODEGUILLA DE SAN LÁZARO
  • BODEGUILLA DE SANTA MARTA
  • RESTAURANTE EL REFUGIO
  • ASADOR VACAVELLA
  • RESTAURANTE CHICOLINO
  • BAR TAMARINDO
  • RESTAURANTE BIDO
Portos deportivos
  • PUERTO DEPORTIVO XOÁN CARLOS I


Redes sociais

Multimedia