Inicio / NOVAS / Notas de prensa / As empresas certificadas por Galicia Calidade, protagonistas na nova edición do Salón Gourmet
05/04/2016.

As empresas certificadas por Galicia Calidade, protagonistas na nova edición do Salón Gourmet

As empresas certificadas co selo de garantía Galicia Calidade protagonizan a XXX Edición do Salón Internacional Gourmets, coa celebración de varios eventos de degustación

As empresas que contan co selo de garantía Galicia Calidade teñen un protagonismo esencial na XXX Edición do Salón Internacional Gourmets, que se celebra ata o 7 de abril en Madrid, tanto pola ampla representación como polo rol destacado no evento, como é o caso de Estrella Galicia, que figura como un dos principais patrocinadores do evento.

No caso de Hijos de Rivera, ademais de conseguir que Estrella Galicia e Aguas de Cabreiroá sexan a cervexa e auga oficiais deste certame, protagoniza o Terceiro Campionato Nacional de Tiraje de Cervexa e o concurso de Gourmetapa Estrella Galicia. Así mesmo, participa co proxecto de difusión de produtos do rural, coa iniciativa Mercado de la Cosecha, os produtos de Maeloc e os viños de Ponte da Boga.

Tamén conta cun protagonismo esencial Luís Escurís Batalla, que organizou o showcooking Prueba lo Bueno, mediante o cal propón unha degustación dos mellores sabores das conservas galegas, maridadas con viños da D.Ou Ribeira Sacra. Pola súa parte, Ingapan protagonizou un showcooking, xunto co chef Héctor López do Restaurante España, de Lugo. 

Así mesmo, na presente edición do Salón Gourmets participan as empresas certificadas por Galicia Calidade como Señorío de Rubiós, Chousa, Pazo de Vilane, Feiraco, Marisco Linamar, Queixerías Cas Leiras, Escurís ou Nor-Ibérica de Bebidas

31 experiencias de calidade

A despensa galega tamén conta cunha presenza destacada, co apoio da Consellería do Medio Rural, que impulsou preséncia de produtos de alta gama cunha caseta propia. Así, 32 empresas galegas participan no certame, considerado o máis importante de Europa de bebidas e alimentos delicatesen

Así, no pavillón da Xunta conta con 522 metros cadrados e os asistentes poderán gozar coa degustación Galicia: 31 Experiencias de Calidade, onde se conxugan os sabores da terra e do mar, a través da DOP Mexillón Galicia e distintos produtos da marca pescadeRías.

Redes sociais

Multimedia