Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Os futuros cociñeiros galegos sorprenden con receitas creativas e innovadoras con polo de curral Coren
22/04/2016.

Os futuros cociñeiros galegos sorprenden con receitas creativas e innovadoras con polo de curral Coren

Os futuros cociñeiros galegos sorprenden con receitas innovadoras e orixinais elaboradas con polo de curral Coren, criado en liberdade, que van máis aló da preparación tradicional

Os alumnos do Centro Superior de Hostalería de Galicia sorprenderon ao xurado e conseguiron demostrar que o polo de curral de Coren, criado en liberdade, é un produto de alta calidade que permite elaborar pratos sofisticados de alta gastronomía, con receitas innovadoras e orixinais, que van máis aló da preparación tradicional.

Na primeira edición do concurso Novos talentos da cociña Coren-CSHG. Premio Especial Polo de Curral, o alumno Juan Manuel Gómez López alzouse co primeiro premio coa receita de Polo de curral tenro con cocochas de pescada, pil pil de Chile e tomate; a proposta Jesús Saa Gómez, Polo de curral con crema de pementos de Arnoia, ensalada de anacardos e oliva negra, quedou en segundo lugar; mentres que Iria Lago García obtivo o terceiro premio con Momofuko con ensalada de octo.

O xurado destacou o alto nivel das receitas presentadas polos alumnos, as súas propostas innovadoras e a súa orixinalidade, xa que demostraron que un produto que, en principio, asóciase máis á cociña tradicional como o Polo de curral, pode dar lugar a pratos sorprendentes como os que propuxeron estes futuros chefs.

O concurso foi organizado por Coren, empresa certificada por Galicia Calidade e que é líder nacional na produción de polo de curral criado en liberdade e alimentado con cereais, co obxectivo de que os futuros cociñeiros do Centro Superior de Hostalería coñezan as posibilidades que ofrece este produto na alta gastronomía. 

O director de Márketing de Coren, Benjamín Vázquez, explicou que se conseguiu plenamente o obxectivo, á vista do alto nivel das propostas presentadas ao certame. O concurso contou coa colaboración de Galicia Calidade. 

Redes sociais

Multimedia