Inicio / NOVAS / Notas de prensa / O selo de Galicia Calidade certifica xa a aposta pola excelencia dos restaurantes composteláns O Tamboril e O Ferro
11/05/2023.

O selo de Galicia Calidade certifica xa a aposta pola excelencia dos restaurantes composteláns O Tamboril e O Ferro

Con estas dúas novas incorporacións son xa máis de 30 os establecementos de hostalería que contan coa marca, no conxunto das máis de 150 empresas certificadas.

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, entregou hoxe o certificado de uso da marca de garantía Galicia Calidade, dependente da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, aos responsables dos restaurantes composteláns O Tamboril e O Ferro, poñendo en valor o esforzo pola elaboración dunha experiencia gastronómica próxima e de calidade. A obtención do selo de garantía permitirá ás empresas incluír a nova sinalización coa que se identifica ás empresas adheridas nas súas fachadas, así como engadir o distintivo nas diferentes accións para a súa promoción comercial.

O Tamboril ofrece desde o 2007 os seus servizos na parte nova de Santiago de Compostela, mentres que a historia do Ferroremóntase a vinte anos atrás, cun local no centro de Santiago de Compostela, unha recoñecida xamonería e tapería que no ano 2009 se trasladou ao barrio de Santa Marta. No acto de entrega do certificado Ana Méndez, salientou a aposta de ambos restaurantes pola cociña a partir de materias primas de proximidade.

Redes sociais

Multimedia