Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Oito viños de adegas de Galicia Calidade, galardoadas nos premios Bacchus 2016
28/03/2016.

Oito viños de adegas de Galicia Calidade, galardoadas nos premios Bacchus 2016

Oito adegas certificadas por Galicia Calidade foron galardoadas nos Premios Bacchus 2016, un certame no que se realizaron cata a cegas a unhas1.800 referencias de 21 países diferentes

Oito viños de adegas certificadas co selo Galicia Calidade resultaron galardoados nos Premios Bacchus 2016, un certame organizado pola Unión Española de Catadores (UEC) e recoñecido pola Organización Internacional da Viña e o Viño (OIV), que elixe os mellores viños en cata a cegas.

En conxunto, o xurado, composto por 80 profesionais, catou máis de 1.800 referencias de 21 países diferentes. Segundo o seu criterio, que é individual e persoal, conceden a medalla Gran Ouro, a aqueles que obteñen entre 93 e 100 puntos; Medalla de Ouro, aos que obteñen entre 88 e 93 puntos; e a Medalla de Prata, a aqueles cunha puntuación entre 84 e 88 puntos.

Na edición de 2016, foron recoñecidos 37 viños amparados por algunha das denominacións de orixe galegas. Así, a D.O. Rías Baixas conseguiu 9 medallas de Ouro e 19 de Prata; Monterrei, unha de Ouro; Ribeiro, unha de Ouro e tres de Prata; Ribeira Sacra, unha de Ouro e outra de Prata; e Valdeorras, duas de Prata.

As adegas con certificado Galicia Calidade premiadas  co Bacchus 2016 son:

Medalla de Ouro

Medalla de Prata

Redes sociais

Multimedia