Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Pazo de Vilane e Canal Cocina difundirán as receitas con ovos campeiros e marmeladas caseiras
20/04/2016.

Pazo de Vilane e Canal Cocina difundirán as receitas con ovos campeiros e marmeladas caseiras

Pazo de Vilane alíase con Canal Cocina para difundir as receitas con ovos campeiros e as marmeladas artesanais de frambuesa, arándano e tomate agridoce

Pazo de Vilane alcanzou unha alianza con Canal Cocina para difundir o uso culinario do ovo campeiro e as marmeladas artesanais de frambuesa, arándano e tomate agridoce, que elabora a esta empresa familiar que conta co selo Galicia Calidade.

Segundo o acordo, Pazo de Vilane distribuirá de maneira gratuíta as mellores receitas de Canal Cocina nas súas caixas de ovo campeiro. As receitas, que serán coleccionables,  poderán clasificarse na propia caixa.

Ademais, durante 2016 desenvolveranse concursos de receitas premiados cunha visita ao Pazo de Vilane, editarase un libro coas mellores receitas de ovo que participen nos concursos para celebrar de forma conxunta o Día Internacional do Ovo, e outorgarase un premio de 1.000 euros na campaña O ovo de ouro.

A directora de Márketing e Comunicación de Pazo de Vilane, Piedade Varela-Portas explicou que o acordo significa a unión dunha "empresa, pioneira na produción de ovo campeiro en España, que elabora produtos artesanais, sans e respectuosos co medio ambiente, con Canal Cocina, un medio de comunicación que chega a miles de persoas interesadas en comer produtos de calidade e innovar nas preparacións".

"Estamos moi contentos de poder anunciar este acordo con Pazo de Vilane, unha marca sinónimo indiscutible de calidade, con produtos que se distinguen polo seu excelente sabor e que fomenta a innovación e a diferenciación", afirma Mandi Ciriza, directora de Canal Cocina .

Primeiro concurso

O 3 de maio comeza o primeiro concurso organizado por Pazo de Vilane e Canal Cocina cuxo obxectivo será que os consumidores envíen receitas elaboradas con algunha das marmeladas artesanais que produce Pazo de Vilane: frambuesa, arándano ou tomate agridoce. O certame desenvolverase ata o 31 de maio.

O primeiro premio será unha viaxe con aloxamento de turismo rural e visita guiada ao Pazo de Vilane, onde se poderá vivir unha experiencia única xunto aos creadores do proxecto. Os seguintes premios estarán integrados por lotes de produtos Pazo de Vilane e un exclusivo xogo de cuncas.

Durante o ano, celebrarase outro concurso centrado na elaboración de receitas con ovo campeiro Pazo de Vilane e unha iniciativa en redes sociais, na que se pedirá aos usuarios que compartan anécdotas relacionadas coas súas experiencias no campo ou nunha granxa.

Libro de receitas

Coas consideradas polo xurado as mellores receitas de ovo campeiro, editarase e publicará un libro en outubro, no marco da celebración do Día Internacional do Ovo, que se regalará coa compra de produtos de Pazo de Vilane.

Na campaña de Nadal, aquel cliente que atope O ovo de ouro na caixa de ovos campeiros Pazo de Vilane poderá gañar un premio de 1.000 euros. Toda a información, así como as bases dos concursos estarán dispoñibles na web de Canal Cocina

Redes sociais

Multimedia