Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Pazo de Vilane lanza a 3ª edición do concurso "1 idea, 1 arbol" para fomentar a reciclaxe
08/03/2016.

Pazo de Vilane lanza a 3ª edición do concurso "1 idea, 1 arbol" para fomentar a reciclaxe

Pazo de Vilane lanza a campaña 1 idea, 1 árbore , mediante a cal se compromete a plantar unha árbore por cada idea que reciba para reciclar as caixas dos seus ovos camperos

Pazo de Vilane, empresa familiar que desenvolve a súa actividade no medio rural en Galicia e que conta coa certificación de Galicia Calidade, lanzou a campaña "1 idea, 1 árbore, mediante a cal convida aos consumidores dos seus ovos campeiros de galiñas en liberdade a compartir o uso que lle dan á caixa. Por cada idea recibida, Pazo de Vilane comprométese a plantar unha árbore nas súas leiras durante o próximo inverno.

"Estamos moi contentos coa resposta da xente. Cada ano recibimos novas ideas, cheas de creatividade e orixinalidade. Os seguidores implícanse pensando en como reutilizar a caixa de ovo campero e ademais, convértense en protagonistas dunha acción tan necesaria para a Terra como a de plantar unha árbore, neste caso na Comarca da Ulloa", asegura a directora de Márketing e Comunicación de Pazo de Vilane, Piedad Varela-Portas. 

Desde os seus inicios en 1996, Pazo de Vilane leva adiante unha filosofía centrada no respecto ao medio ambiente, que se reflicte no coidado das galiñas en liberdade, as leiras destinadas a cultivos ecolóxicos e as caixas de cartón reciclado en todos os seus produtos.

Durante as dúas primeiras edicións, Pazo de Vilane recibiu máis de 350 ideas sobre como reutilizar a caixa de ovo campero que se deron a coñecer a través do blog da empresa e as redes sociais. Entre elas, usar a caixa para gardar especies, infusións, ferramentas, candeas, coleccións ou xoguetes ou fabricar un reloxo solar, un teatro de monicreque ou comedeiros para paxaros e gatos.

Unha idea, unha árbore

Por cada idea de reciclaxe da caixa, Pazo de Vilane comprométese a plantar unha árbore nas súas leiras. A plantación realizarase durante o inverno de 2017 e os seguidores poderán acompañar o proceso a través do blog e as redes sociais.

Nese sentido, Varela-Portas comenta que "hai apenas unha semana, plantáronse arces, nogueiras e castiñeiros na leira Monte do Río Estanco, cumprindo o noso compromiso de plantar as árbores de todas aquelas persoas que participaron na anterior campaña". 

Entre todas as persoas que participen da 3ª edición 1 idea, 1 árbore realizarase un sorteo de cinco lotes de produtos de Pazo de Vilane integrado por ovos camperos e marmeladas de tomate, arándano e frambuesa e cuncas vintage.

As ideas poden reflectirse nun texto, foto ou vídeo. As canles de recepción son a través do correo electrónico , as redes sociais nas que está presente de Pazo de Vilane ou correo postal. Os hashtag do concurso son: #1idea1arbol #cajadelagallinita #huevocampero 

A caixa da galiñinha 

O deseño da famosa caixa de ovos camperos Pazo de Vilane foi creado en exclusiva polo artista galego Pepe Barro en 1996.  En abril de 2014, recibiu a mención de prata na categoría Best Brand Packaging na 14ª Edición dos Premios Best Pack dentro do marco da feira Alimentaria.

Redes sociais

Multimedia